Secretaría Uvigo

Convocatoria interna BEATRIZ GALINDO 2023

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBEAGAL-2023
Data inicio solicitudes04/01/2024
Data fin solicitudes12/01/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.universidades.gob.es/convocatoria-beatriz-galindo-2023/
Descripción

O Ministerio de Universidades vén de publicar a Orde de 27 de decembro de 2023  pola que se convocan por tramitación anticipada as axudas Beatriz Galindo para o exercicio 2024 (BOE 29/12/2023).

 A Universidade de Vigo establece un procedemento interno de recepción e selección de propostas para que a institución poida presentar as súas cinco solicitudes de prazas que sinala como máximo a convocatoria. 

 

Requisitos

1. Modalidades

Axuda Beatriz Galindo sénior: deberá acreditarse unha experiencia docente e investigadora de polo menos sete anos no estranxeiro, a contar dende a obtención do título de doutor/a e acreditar o desenvolvemento de proxectos no exterior. 

Axuda Beatriz Galindo júnior: deberá acreditarse unha experiencia docente e investigadora de como máximo sete anos no estranxeiro, a contar dende a obtención do título de doutor/a e acreditar o desenvolvemento de proxectos no exterior.  

2. Procedemento interno de presentación de solicitudes: 

-Departamentos que dispoñan de áreas con capacidade de consolidación de profesorado.

-Departamentos que carezan de áreas con capacidade de consolidación de profesorado, pero que dispoñan de candidaturas excepcionales pola súa relevancia docente e investigadora conforme ás instrucións. 

Documentacion

Deberá presentarse pola sede electrónica da Universidade de Vigo a seguinte documentación: 

1. Formulario de presentación de solicitudes debidamente cuberto e asinado. 

2. CVs, sen acreditación dos méritos, de como máximo 3 candidaturas por solicitude de perfil de praza, acompañados da acreditación de estar desenvolvendo proxectos no exterior.

Observacións

O prazo para presentar solicitudes remata o 12 de xaneiro de 2024 ás 14:00 horas

 

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Enlace ao cadro teórico do cadro de persoal de PDI dos departamentos da UVigo: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/plantilla-pdi
Convocatoria Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades: https://www.universidades.gob.es/convocatoria-beatriz-galindo-2023/
Atrás