Axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria - 1º cuadrimestre
Tipo | Obradoiros |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2022/2023 - 1 - OBR |
Data inicio solicitudes | 16/06/2022 |
Data fin solicitudes | 05/07/2022 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9667 |
Descripción | Convocatoria de axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria no 1º cuadrimestre do curso 2022/2023. |
Requisitos | Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo e deberán pertencer á comunidade universitaria ata a finalización do obradoiro do que son responsables A persoa solicitante, en calidade de coordinador ou coordinadora do obradoiro proposto, deberá acreditar relación coa temática do obradoiro que solicita e impartir un mínimo do 20% das horas de docencia do obradoiro. Unha mesma persoa só poderá presentar, en calidade de coordinador/a, un máximo de 3 solicitudes. |
Documentacion | Solicitude: A presentación de solicitudes supón a realización da totalidade dos seguintes pasos: 1. A persoa que coordina o obradoiro deberá encher o modelo oficial de solicitude/formulario (Axudas para organizar obradoiros de extensión Universitaria 1º cuadrimestre – 2022/2023) que se atopa na secretaría virtual da Universidade de Vigo e achegar a documentación requirida no apartado 6 da convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9667.
2. Xerar o PDF só do formulario, descargalo e asinalo con certificado dixital. 3. Presentar o formulario do apartado anterior (descargado e asinado) entrando no procedemento “Axudas para organizar obradoiros 1º cuadrimestre” (achegando unicamente a solicitude e non os anexos). 4. En asunto indicar “Axudas para organizar obradoiros 1º cuadrimestre” e deberá dirixirse á vicerreitoría do campus onde se vaia a celebrar o obradoiro. No caso de que non se celebre en ningún dos campus da Universidade de Vigo, dirixirase á Vicerreitoría onde a persoa solicitante teña establecido o seu centro de traballo ou de docencia: - Campus de Vigo: á vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria. - Campus de Ourense: á vicerreitoría do campus de Ourense. - Campus de Pontevedra: á vicerreitoría do campus de Pontevedra. 5. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías. O prazo de presentación de solicitudes inicia o día da publicación da convocatoria e remata o día 13 de decembro de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude. Documentación: Ao rematar de encher o formulario debe achegar (subir), nun só ficheiro, a documentación que se indica (o título do arquivo será a denominación do obradoiro): -Anexo II: Datos do obradoiro. - Anexo III: Currículo resumido do persoal docente. - Anexo V: Orzamento do obradoiro, asinado dixitalmente pola persoa solicitante. - No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola(s) entidade(s) ou institución(s) correspondente(s), con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos, no suposto que a Universidade de Vigo perciba ingresos por entidade(s) e/ou institucion(s) deberá achegarse o oportuno convenio debidamente asinado. |
Documentos da convocatoria | |