Secretaría Uvigo

Programa "Becas Santander Estudios Progreso" 2022-2023

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022-2023 Santander Estudios Progreso
Data inicio solicitudes02/06/2022
Data fin solicitudes11/10/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9651
Descripción

Convócanse:

  • 1 bolsa para alumnado coa condición de vítima de violencia de xénero
  • 1 bolsa para alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%
  • 8 bolsas de asignación xeral

A contía máxima de cada bolsa será de 1.000 €.

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado no curso 2022/2023 nalgunha das titulacións de grao ou mestrado da Universidade de Vigo.
  2. Ter concedida no curso 2021/2022 bolsa xeral do MEFP co importe de “contía ligada a renda”.
  3. Ter unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos no curso 2021/2022 (ou no último cursado), calculada tal e como establece a convocatoria de bolsa xeral do MEFP (Ministerio de Educación e Formación Profesional). Para tal efecto multiplicaranse por 1,17 as notas medias procedentes de estudos da rama de Enxeñaría. Ao estudantado que inicia estudos de grao e mestrado se lle terá en conta a nota de acceso á universidade e ao mestrado segundo o caso.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion

Xunto co formulario en liña achegarase a seguinte documentación (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • No caso de pertenza a algún dos colectivos sinalados no punto 1 deberán presentar a documentación acreditativa.
  • No caso de inicio de estudos de grao, acceso por recoñecemento de créditos ou alumnos procedentes doutras universidades deberán aportar a credencial de bolsa do MEFP do curso 2021/2022.

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para avaliar correctamente os requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

 

Observacións

Solicitudes

As persoas solicitantes deberán inscribirse no formulario electrónico dispoñible no seguinte enlace do Portal de bolsas daUVIGO https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9651 e na web do Santander 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Web:: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Taboleiro:: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27134693

07/11/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 15 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

17/11/2022: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

22/11/2022: Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e listaxe de agarda

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 29 de novembro ás 23:59 horas

Documentos da fase da convocatoria:

01/12/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida e listaxe de agarda

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás