Tipo | Bolsa de formación |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2021_2022_ALEN DO MIÑO |
Data inicio solicitudes | 30/05/2022 |
Data fin solicitudes | 14/06/2022 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9635 |
Descripción | O obxecto desta convocatoria é fomentar a formación transfronteiriza do estudantado da Universidade de Vigo, a través dun programa que conxuga un obradoiro formativo en interculturalidade coa realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha entidade externa con sede en Portugal. As axudas perseguen sufragar parte dos gastos ocasionados pola mobilidade desde o lugar habitual de residencia do alumnado que participe na convocatoria. Convócase 1 axuda por rama de coñecemento, atendendo a oferta de estudos de grao e de posgrao publicados na web da Universidade de Vigo: • Ciencias Sociais e Xurídicas • Artes e Humanidades • Ciencias • Ciencias da Saúde • Enxeñaría De resultar vacantes unha vez asignadas as bolsas estas acumularanse a outra rama. |
Requisitos | Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos: • Estar matriculado na Universidade de Vigo no curso 2021/2022 e durante todo o período de duración da bolsa en estudos de grao ou nun mestrado oficial da Universidade de Vigo. • No caso dos estudos de grao ter superados o 50% dos créditos. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos. • Contar coa carta de aceptación da empresa/institución onde se realizan as prácticas. • Non ter relación contractual coa empresa/institución proposta para realizar as prácticas. Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. |
Documentacion | A solicitude (formulario en liña) irá acompañada da seguinte documentación: • Carta de pre-aceptación da empresa/institución na que se inclúa o programa das prácticas (vencellado coas competencias da titulación universitaria cursada) e as datas previstas da estadía.
Declaración responsable da persoa solicitante de non ter relación contractual coa empresa/institución na que se van realizar as prácticas. Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria |
|
Ligazóns da convocatoria |
Correo electrónico: |
bolsasformacion@uvigo.es |
Teléfono: |
986814094 |
Web: |
https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/becas-formacion-0 |
Taboleiro: |
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27092016 |