Secretaría Uvigo

Proba de concepto

TipoTransferencia
Organismo convocanteMinisterio de Ciencia, Innovación e Universidades
CódigoPoC2021
Data inicio solicitudes29/04/2021
Data fin solicitudes13/05/2021
Descripción

A nova convocatoria de axudas a Proxectos de I+D+i para a realización de «Probas de Concepto» 2021, ten como finalidade fomentar e acelerar a transferencia de coñecementos e resultados xerados en proxectos de investigación do Plan Estatal (convocatorias de 2016 e 2017), a través das modalidades de proxectos de I+D de «Excelencia» ou de «Xeración de Coñecemento», de proxectos de I+D+i «Retos Investigación» e de proxectos de investigación fundamental orientada (código de referencia RTA).

As actuacións obxecto desta convocatoria constitúen o mecanismo axeitado para a realización de actividades que permitan progresar nas primeiras etapas do desenvolvemento pre-competitivo e facilitar a transferencia ou explotación dos resultados, en forma de produtos, bens, servizos ou outras aplicacións, que sexan beneficiosos para a economía, a sociedade, a cultura ou ls políticas públicas.

Así mesmo, estas axudas pretenden fomentar o espírito emprendedor e innovador dos equipos de investigación, contribuíndo á súa capacitación a través de accións de formación, asesoría ou mentoría, e ao fortalecemento das estratexias de transferencia de coñecementos e resultados das institucións beneficiarias destes proxectos.

Obxectivo: Valorizar os coñecementos e resultados dos proxectos de investigación financiados previamente mediante a realización de actividades adicionais que permitan confirmar o potencial innovador dos mismos e facilitar a súa transferencia.

Procedencia dos fondos: Plan de Recuperación, transformación e Resiliencia da UE – Next Generation EU

Prazo de presentación: 13 de maio (14:00 h.)

Subvención por proxecto: 150.000 €

Duración dos proxectos: 2 anos (inicio en 2021)

Requisitos

Proxectos financiados nas convocatorias 2016 e 2017 das convocatorias: 

  • Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia, Subprograma Estatal de Xeración do Coñecemento (PGC)
  • Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade (RTI)
  • Accións complementarias do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade (Reto de Seguridade e Calidade Alimentaria, Actividade Agraria Produtiva e Sostible, Sustentabilidade dos Recursos Naturais e Investigación Mariña e Marítima) (RTA)
Prazo para resolver6 meses
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Web oficial da convocatoria - Axencia Estatal de Investigación: https://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.791459a43fdf738d70fd325001432ea0/?vgnextoid=e41db42bcfd68710VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=b24e067c468a4610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextfmt=formato2&id3=a01db42bcfd68710VgnVCM1000001d04140a_
LIgazón ao webinario da AEI - Vídeo e presentacións: https://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.edc7f2029a2be27d7010721001432ea0/?vgnextoid=ce10830906d19710VgnVCM1000001d04140aRCRD
Atrás