Secretaría Uvigo

Convocatoria de axudas para a organización de "Olimpiadas do saber" na Universidade de Vigo no ano 2021

TipoAxudas organización de olimpiadas do saber
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoOS-2021 (novo prazo)
Data inicio solicitudes03/05/2021
Data fin solicitudes31/05/2021
Descripción

O obxectivo da convocatoria e promover nos centros da Universidade de Vigo a organización de competicións entre xoves estudantes cuxo obxectivo primordial sexa estimular o estudo e incentivar a adquisición de actitudes e competencias científicas, tecnolóxicas, lingüísticas, humanísticas e/ou sociais.

Á vista de que non se cubriron todas as previsións de participación e tendo en conta o interese da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria en apoiar este tipo de actividades, acorda abrir un novo prazo de solicitudes para facilitar a presentación de posibles propostas, sempre dentro do estipulado nas bases da convocatoria inicial.

Requisitos

Poderán solicitar esta axuda os centros da Uvigo que organicen as citadas Olimpíadas do Saber que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que os alumnos compitan intelectualmente, por equipos ou de xeito individual, de forma construtiva, comprometida e reflexiva.
  2. Que fomenten o esforzo e o rendemento académico do alumnado en calquera das materias científicas, tecnolóxicas, lingüísticas, humanísticas e/ou sociais que formen parte do currículo de Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato.
  3. Que participe alumnado de, polo menos, cinco centros educativos que impartan Educación secundaria obrigatoria ou Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Que se realicen durante o curso 2020-2021 na Facultade/Escola da Uvigo que a solicita.
Documentos da convocatoria
Atrás