Secretaría Uvigo

Axudas ao estudo UVIGO 2020/2021

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020_2021 BPUVIGO
Data inicio solicitudes02/03/2021
Data fin solicitudes25/03/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://secretaria.uvigo.gal/
Requisitos

Para obter esta axuda non podes ter concedida a bolsa xeral do MEFP

Consultar na convocatoria:

  • requisitos xerais
  • requisitos académicos
  • requisitos económicos
Documentacion

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
- O anexo II asinado por cada membro da unidade familiar
- Se hai ascendentes dos pais e irmáns maiores de 25 anos con discapacidade:  certificado de padrón colectivo a 31 de decembro de 2019.
- Sentenza de divorcio ou convenio regulador, de ser o caso.
- Se te declaras independente: documentación xustificativa de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos gastos, contrato de aluguer e xustificación de ingresos, así como certificado municipal conxunto correspondente a 31 de decembro de 2019.
- Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda:

1. Título familia numerosa.
2. Acreditación de orfandade absoluta.
3. Certificado de discapacidade (do/a solicitante, irmáns e fillos/as do solicitante).
4. Irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior 2019/2020 (expediente académico e contrato de aluguer).

- Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar do ano 2019.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na web da universidade: http://seix.uvigo.es/ na páxina de inicio prema en "SVE – Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda seleccione "bolsas propias de estudos".
NON TES QUE PRESENTAR A SOLICITUDE NA SEDE ELECTRÓNICA DA UVIGO

IMPORTANTE: Para calquera dúbida contacta coa Sección de Axudas e Bolsas no teléfono 986 81 36 11 ou no correo electrónico bolsas@uvigo.es

Prazo para resolver6 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo

04/05/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas

Descrición

Prazo de presentación de alegacións do 5 ao 19 de maio a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

04/06/2021 Listaxe provisoria de solicitudes concedidas e denegadas

Descrición

Prazo de presentación de alegacións do ata o 18 de xuño a través do formulario.

Documentos da fase da convocatoria:

23/06/2021 Resolución definitiva de solicitudes concedidas e denegadas

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás