Bolsas de formación complementaria para o alumnado da Universidade de Vigo no marco do EURES Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, 2017/18

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoEures_estudantes_2018
Data de inicio de solicitudes18/05/2018
Data de fin de solicitudes31/05/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3596
Descripcion

O obxecto da convocatoria é o fomento da formación do alumnado da Universidade de Vigo, a través dun programa que conxuga un obradorio formativo en interculturalidade coa realización de prácticas académicas extracurriculares de carácter transfronterizo

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2017/2018 e durante todo o período de duración da bolsa nos estudos de Grao da Universidade de Vigo especificados para cada bolsa no Anexo II.
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. O úlitmo día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade pública ou privada ou a propia universidade na que se van a realizar as prácticas.
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas

05/06/2018 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

O prazo dealegacións remata o día 12 de xuño

Documentos dunha fase de convocatoria:

22/06/2018 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e denegada

Observacións

o prazo para presentar alegacións remata o día 29 de xuño

Documentos dunha fase de convocatoria:

04/07/2018 Listaxe definitiva de bolsas concedidas

Observacións

As persoas beneficiarias deberán presentarse o día 6 de xullo a hora e no lugar establecidos na documentación entregada a  cada bolseiro na fase de formación

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás