Secretaría Uvigo

"Prácticas Campus Rural" 2025/2026 - Fase II solicitude estudantado

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026_Campus Rural
Data inicio solicitudes17/03/2026
Data fin solicitudes09/04/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14886
Descripción

OBXECTO

“Desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado” a través da realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo no mesmo, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional

Requisitos

Poderá presentar solicitude o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado en titulacións oficiais de grao ou máster universitario da Universidade de Vigo no curso 2025/2026 de conformidade cos perfís definidos no anexo II.
  2. No caso de estudos de grao, ter superados 120 créditos da titulación de grao na que se atopa matriculado, a estes efectos terase en conta o último día do prazo de presentación de solicitudes.
  3. Estudantado de Programas de simultaneidade deberá ter superados o 50% dos créditos da titulación.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14886, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “Bolsa prácticas Campus Rural”, achegando unicamente o formulario coa solicitude.

 

PRAZO:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 9 de abril de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Observacións

O período de prácticas terá unha duración mínima de 2 meses e máxima de 5 meses e poderán desenvolverse dende o día seguinte á publicación da adxudicación ata o 15 de novembro de 2026 coas condicións descritas no anexo II. No caso de estudantado que finaliza estudos deberá rematar as prácticas antes da presentación da solicitude de título e en todo caso antes do 31 de agosto de 2026.

O número de horas de colaboración será de 35 horas semanais, que poderá distribuír e compensar ata un 20% das horas de dedicación dun mes entre distintas semanas dentro do mesmo mes.

A contía individual será como máximo de 1.000 euros/mes. Estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que establece a normativa vixente nestas materias.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=49709583
Axenda de bolsas: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/agenda/7
Atrás