Secretaría Uvigo

Convocatoria de utilización dun laboratorio no Edificio do Campus Auga

Tipoconvocatoria uso espazos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoUtilización.laboratorio.Campus Auga 2020
Data inicio solicitudes18/11/2020
Data fin solicitudes01/12/2020
Descripción

Convocatoria para a utilización dun laboratorio singular de investigación no Edificio Campus Auga en Ourense.

Requisitos

Grupos de investigación que cumplan os seguintes requisitos: 

  1. a) A maioría dos compoñentes do grupo debe desenvolver as súas tarefas de docencia e investigación no Campus de Ourense.
  2. b) Ter unha traxectoria continuada de actividade de I+D+i nalgún dos eixos estratéxicos do Campus Auga, e ter necesidade demostrable do tipo de espazo proporcionado polo Centro do Campus Auga.
  3. c) Ser un grupo de investigación rexistrado no SUXI-XC, que cumpra os requisitos indicados no apartado 1. 1.a. da “Normativa de grupos, agrupación e centros singulares de investigación da Universidade de Vigo”, e teña a consideración de Grupo de Referencia Competitiva ou Grupo de Potencial Crecemento pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
  4. d) Non ter xa asignado, nin o grupo nin parte do grupo, máis de dous laboratorios singulares no edificio do Campus Auga.
Documentacion

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Universidade de Vigo (sede.uvigo.gal), acompañando á instancia xenérica (SXER) da seguinte documentación:

  1. Formulario “Solicitude de utilización de espazos no Edificio Campus Auga” (Anexo I desta convocatoria) debidamente cuberto, que se poderá descargar no seguinte enderezo: http://campusdaauga.uvigo.es/.
  2. CV do investigador principal que asina a solicitude.
  3. Currículo do grupo de investigación nos últimos 5 anos.
Observacións

O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o seguinte á publicación desta convocatoria ata o día 1 de decembro de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

 

 

 

Prazo para resolverTres meses a partir do día seguinte á data de finalización da presentación de solicitudes
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Atrás