Secretaría Uvigo

Premios "Cátedra MN de Emprendemento Tecnolóxico", 2019/2020

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019-CÁTEDRA MN
Data inicio solicitudes02/06/2020
Data fin solicitudes24/07/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6061
Descripción

Obxecto:

Recoñecer os traballos fin de grao e mestrado e proxectos LPRO realizados polo alumnado da Universidade de Vigo nas áreas tecnolóxicas de especial interese da cátedra, facilitando un premio en metálico aos autores/as. En concreto, as áreas tecnolóxicas de especial interese son as seguintes:

  • Automatización e robótica de procesos
  • Identificación biométrica
  • Enxeñería lingüística e interfaces de voz
  • Técnicas avanzadas de intelixencia artificial
  • Xestión avanzada e masiva de datos (Big Data)

Contía:

  • 3 premios de Fin de Grao, dotados con 600 euros para o primeiro premio e 200 euros para dous accésit.
  • 3 premios de Fin de Mestrado, dotados con 600 euros para o primeiro premio e 200 euros para dous accésit.
  • 1 premio para o mellor proxecto presentado  na materia Laboratorio de Proxectos (LPRO) do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación dotado con 1.000 euros

 

Requisitos

Para os Premios de Fin de Grao e Premios Fin de mestrado:

  • estar matriculado no curso 2019/2020 no Traballo Fin de Grao ou Traballo fin de mestrado nunha titulación da rama de Enxeñaría
  • defender o TFG/TFM antes do 31 de xullo de 2020

Para os Premios Laboratorio de Proxectos:

Estar matriculado no curso 2019/2020 na materia Laboratorio de Proxectos (LPRO) do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación   

Documentacion

Solicitude:

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario online no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6061, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Documentación:

Deberán subir a seguinte documentación ao formulario online (NON hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Memoria en formato pdf de non máis de 5 páxinas nas que se describa as características do traballo e a súa relación coas áreas de interese da cátedra.
  • Unha copia en formato pdf do traballo fin de grado/ traballo final de mestrado
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Atrás