Secretaría Uvigo

MOBILIDADE ENTRE CAMPUS PDI

TipoAvaliación do PDI
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoMOB_CAMPUS PDI
Descripción

RESOLUCIÓN REITORAL DE 9 DE XANEIRO DE 2020 POLA QUE SE PUBLICA A CONVOCATORIA DE MOBILIDADE ENTRE CAMPUS DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR CON VINCULACIÓN PERMANENTE Á UNIVERSIDADE DE VIGO PERTENCENTE ÁS ÁREAS DE COÑECEMENTO SELECCIONADAS NO CONSELLO DE
GOBERNO DE 20 DE DECEMBRO DE 2019

Requisitos

Persoal docente e investigador con vinculación permanente á Universidade de Vigo (Catedrático/a de Universidade e Catedrático/a de Escola Universitaria, Profesorado Titular de Universidade e Profesorado Titular de Escola Universitaria e Profesorado Contratado Doutor Fixo), pertencente ás áreas de coñecemento: Enxeñaría Química, Fisioloxía Vexetal, Física da Terra e Química Orgánica.

Documentacion

Impreso solicitude modelo Anexo II da presente convocatoria. Presentación a través do Rexistro Xeral ou Auxiliares da Universidade de Vigo ou nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Observacións

No impreso deberase indicar o código da praza que xera o cambio de campus solicitado. De non vir especificado na solicitude, será motivo de exclusión da presente convocatoria.

Documentos da convocatoria
Atrás