Secretaría Uvigo

Convocatoria de prazas na escola infantil "Concepción Saiz Otero" do Campus de Ourense curso 2026/27

TipoEscola infantil
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoEscola.Infantil.26
Data inicio solicitudes02/02/2026
Data fin solicitudes23/02/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13755
Descripción

Convócanse 41 prazas na Escola Infantil do Campus de Ourense “Concepción Saiz Otero” para o curso escolar 2026/27

As prazas distribúense segundo a idade dos nenos e nenas da seguinte forma:

 

  • 8 prazas para nenos e nenas ata 1 ano de idade.
  • 13 prazas para nenos e nenas de 1 a 2 anos de idade.
  • 20 prazas para nenos e nenas de 2 a 3 anos de idade.
Requisitos

Pódese solicitar praza para os nenos e nenas nados no momento de presentación da solicitude que non teñan cumpridos tres anos de idade a 31 de decembro de 2026.

Documentacion

A solicitude, una vez cuberta e asinada dixitalmente, presentarase a través da sede electrónica da Universidade de Vigo, no procedemento “Convocatoria de prazas na escola infantil do Campus de Ourense”. Non se admitirán a trámite as solicitudes que se presenten por outras vías.

Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Informe actualizado de vida laboral dos proxenitores, ou documento xustificativo da súa situación laboral de ocupación.
  • No caso de familias monoparentais, certificación xustificativa de tal condición.
  • Certificado empadroamento ou certificado do centro de traballo.
  • No caso de familia numerosa, xustificación de tal condición.
  • No caso de nenos ou nenas de irmás ou irmáns de exalumnado do mesmo centro ou centro asociado, xustificación de tal condición.
  • No caso de nenos ou nenas con irmás ou irmáns con praza renovada no mesmo centro, xustificación de tal condición.
Observacións

Dacordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde de 2 de xullo de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 para o curso 2025/26, e se procede á súa convocatoria, a adxudicación de prazas farase seguindo os seguintes criterios preferentes:

 

  1. Solicitudes para nenos e nenas xa escolarizados no centro no curso 2025/26.
  2. Solicitudes para fillos e fillas de persoal que presta servizo na escola infantil Concepción Saiz Otero do Campus de Ourense.
  3. Solicitudes para nenos e nenas con irmás ou irmáns con praza renovada no mesmo centro.
  4. Solicitudes para nenos e nenas en que as dúas persoas proxenitoras, ou unha delas no caso de familias monoparentais, xustifiquen unha situación laboral de ocupación.
  5. Solicitudes para nenos e nenas nacidos de parto múltiple.
  6. Solicitudes para nenos e nenas de familias numerosas/monoparentais.
  7. Solicitudes para nenos e nenas de familias cuxo domicilio ou centro de traballo estea máis próximo á escola infantil.
  8. Solicitudes para nenos e nenas de irmás ou irmáns de exalumnado do mesmo centro ou centro asociado.
  9. Solicitudes para nenos e nenas con asistencia de xornada completa sobre media xornada.
Prazo para resolverAta o 10 de marzo de 2026
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14885
Sede electrónica: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/48629399

Convocatoria

Descrición

Convocatoria de prazas na escola infantil "Concepción Saiz Otero" do Campus de Ourense para o curso 2026/27

Documentos da fase da convocatoria:

Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas

Documentos da fase da convocatoria:

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas a trámite

Documentos da fase da convocatoria:

Relación provisoria prazas adxudicadas e listaxe de agarda 2026/27

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás