Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Solicitude praza escola infantil Campus Ourense

Formulario para solicitar praza na escola infantil do Campus de Ourense para o curso 2026-27

  

Requisitos de participación 

Serán requisitos para ser beneficiario/a de praza na escola infantil do campus de Ourense:

  • Que o neno ou nena estea nado/a no momento da presentación da solicitude.
  • Que o neno ou nena non teña cumpridos os tres anos de idade a 31 de decembro de 2026

Unha vez cuberto este formulario, o documento resultante presentarase asinado a través da sede electrónica da Universidade de Vigo, no procedemento “Convocatoria de prazas na escola infantil do Campus de Ourense”, xunto coa documentación que se achegue.


Datos de contacto
Vicerreitoría do Campus de Ourense
vicou@uvigo.gal
988387089