Secretaría Uvigo

Convocatoria interna BEATRIZ GALINDO 2026

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBEAGAL-26
Data inicio solicitudes14/01/2026
Data fin solicitudes27/01/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.ciencia.gob.es/Convocatorias/2026/BeatrizGalindo2025.html
Descripción

O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades vén de publicar a Orde ministerial pola que se aproba, por tramitación anticipada, a convocatoria de axudas Beatriz Galindo  correspondente ao ano 2026, no marco do Plan estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación ( PEICTI) 2024-2027 (BOE 13/1/2026).

O obxecto da convocatoria Beatriz Galindo é a concesión de 100 axudas para a atracción de talento investigador que teñan desenvolto a súa carreira profesional en centros de investigación y/o universidades estranxeiras polo período mínimo exixido para cada modalidade dende a obtención do titulo de doutora ou doutor.

A convocatoria interna ten como obxectivo de ordenar un procedemento interno de recepción e  selección de propostas para que a Universidade de Vigo poida presentar a súas cinco solicitudes que sinala, como máximo, a convocatoria.

 

 

 

 

Requisitos

Establécense dúas modalidades:

-Axuda Beatriz Galindo sénior: deberá acreditarse unha experiencia docente e investigadora de sete anos ou máis no estranxeiro, a contar dende a obtención do título de doutor/a. Para isto, presentará a documentación acreditativa de vinculación contractural ou similar coa universidade ou centro de investigación estranxeiro.

Ademais, para obter unha axuda sénior a cualificación da primeira avaliación deberá ser igual ou superior a 80 puntos sobre 100.

-Axuda Beatriz Galindo júnior: deberá acreditarse unha experiencia docente e investigadora inferior a sete anos no estranxeiro, a contar dende a obtención do título de doutor/a. Para isto, presentará a documentación acreditativa de vinculación contractural ou similar coa universidade ou centro de investigación estranxeiro.

Ademais, para obter unha axuda júnior a cualificación da primeira avaliación deberá ser igual ou superior a 70 puntos sobre 100.

Na Universidade de Vigo, poderán presentar unha proposta de solicitude as seguintes estruturas:  

  1. Os departamentos que dispoñan de unidades con capacidade de consolidación de profesorado. Enlace ao cadro de persoal de PDI da Universidade de Vigo :

https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/plantilla-pdi

  1. Os departamentos que carecen de unidades con capacidade de consolidación de profesorado pero que dispoñen de candidaturas excepcionais pola súa relevancia docente e investigadora.

 Serán consideradas candidaturas excepcionais aquelas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Candidaturas que estivesen incluídas na lista de investigadoras e investigadores altamente citadas nos últimos cinco anos publicada por Thomson Reuters en calquera categoría científica (https://hcr.clarivate.com/)
  • Candidaturas que acadasen unha axuda European Research Council (ERC) nos últimos cinco anos.
  • Candidaturas que tivesen publicado nas revistas Nature e/ou Science nos últimos cinco anos.

As candidaturas deben ademais reunir os requisitos de experiencia sinalados para cada modalidade de axuda.

Documentacion
  1. Encher o formulario interno de solicitude accesible no seguinte enlace: Convocatoria interna
  2. Cada formulario deberá vir acompañado do CV dun máximo de tres candidaturas. No CV deben constar os períodos de vinculación no estranxeiro.

Non é necesario acompañar o CV da documentación xustificativa dos méritos, salvo a acreditación dos períodos no estranxeiro.

3. Presentar o formulario de solicitude do perfil da praza xunto coa documentación solicitada pola  sede electrónica da Universidade de Vigo antes do 27 de xaneiro de 2026 ás 14:00 horas. A presentación debe ser feita pola dirección do departamento.

 

Prazo para resolver1 mes
Documentos da convocatoria
Atrás