Secretaría Uvigo

Axudas Juan de la Cierva_2025

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoJCIERVA-25
Data inicio solicitudes05/11/2025
Data fin solicitudes10/12/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-juan-cierva-2025
Descripción

O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, xunto coa Agencia Estatal de Investigación convocan 500 axudas para fomentar a contratación laboral de persoal doutor novo por un período de 3 anos para que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

Diferéncianse dous trámites simultáneos:

  1. A presentación de candidaturas por parte do persoal investigador doutor aspirante que cumpra os requisitos exixidos pola convocatoria e que deberá tramitar persoalmente mediante o formulario electrónico de solicitude tal e como indican as bases, cuxo prazo comeza o 25 de novembro e remata o 10 de decembro de 2025 ás 14.00 horas.
  2. A presentación dunha solicitude única por parte dos centros de I+D, Universidade de Vigo neste caso, coa relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura cuxo prazo remata o 17 de decembro de 2025 ás 14.00 horas.
Requisitos

Deben ser consultados no artigo 6 da  Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2025, das axudas Juan de la Cierva, no marco do Programa Estatal de Recursos Humanos, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2024-2027. 

Documentacion

Tramitación da candidatura

Que desexe presentar unha solicitude de axuda Juan de la Cierva pola Universidade de Vigo deberá:

  1. Encher o formulario interno que aparece como anexo a estas instrucións e remitilo conforme ao indicado máis abaixo.
  2. Encher o formulario electrónico de solicitude correspondente á súa candidatura dispoñible a través da páxina web da Agencia Estatal de Investigación (AEI) descrito nas bases da convocatoria e achegar a documentación requirida. Unha vez finalizado, a persoa participante validará e enviará telematicamente o formulario e deberá remitilo ao Servizo de Recursos Humanos de Investigación (SRHI) conforme ao indicado máis abaixo.

 

Medios de envío ao SRHI

 O formulario interno completo e asinado e a solicitude orixinal que xera automaticamente a aplicación da AEI debidamente asinada, deberán achegarse o antes posible e como moi tarde o 10 de decembro de 2025 do seguinte xeito:

  1. a) Documentos asinados electronicamente: deben ser remitidos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo mediante unha instancia xenérica SXER dirixida ao SRHI, presentado pola persoa candidata ou por quen avala a solicitude, indicando no asunto «Juan de la Cierva 2025».
  2. b) Documentos asinados de xeito manuscrito:

Unha copia escaneada mediante unha instancia xenérica SXER dirixida ao SRHI, presentado pola persoa candidata ou por quen avala a solicitude, indicando no asunto «Juan de la Cierva 2025»

Ademais, deberán enviarse o antes posible e sempre antes do 17 de decembro de 2025 os documentos orixinais por correo certificado ao enderezo que aparece máis abaixo, salvo que sexa posible presentalos de xeito presencial na Oficina de asistencia en materia de rexistro do campus de Vigo:

Universidade de Vigo

Serviso de RHH de Investigación

Edificio Filomena Dato, Campus universitario s/n

36310 Vigo

Importante: A Universidade de Vigo non presentará ningunha candidatura de quen non se teña recibido a documentación requirida  (orixinal ou copia escaneada) pola sede electrónica aínda que apareza no formulario de solicitude electrónica da AEI.

 

 

Observacións

Posto que a Universidade de Vigo, como centro de I+D, debe presentar unha instancia de solicitude xunto cunha relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura, é imprescindible seguir as instrucións internas que se poden consultar no documento adxunto a esta convocatoria.

 

Documentos da convocatoria
Atrás