Secretaría Uvigo

Asociacións estudantís da UVIGO: actualización de datos no censo público da Universidade de Vigo

TipoAsociacionismo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025 - ASOC. ACTUAL. CENSO
Data inicio solicitudes31/07/2025
Data fin solicitudes27/07/2034
Descripción

Convocatoria para a actualización das asociacións estudiantís no censo público da Universidade de Vigo.

Todo o estudantado ten dereito a asociarse libremente dentro da comunidade universitaria para velar polo cumprimento dos seus dereitos e deberes, potenciar a participación en todos os ámbitos e contribuír aos fins da universidade.

Anualmente debe procederse a actualización dos datos no censo público de asociacións. Se con anterioridade ao cumprimento do ano se producise algunha modificación nos datos da asociación, esta deberá ser comunicada no momento que suceda. 

 

Requisitos

A porcentaxe de membros estudantes da Universidade de Vigo da asociación estudantil ten que ser igual ou superior ao 50% do total de persoas asociadas.

Documentacion

A persoa que ostenta o cargo da presidencia ou secretaría da asociación estudantil, deberá cumprimentar os formularios da solicitude de actualización/modificación (anexo I), e dos datos requiridos no anexo II.

Observacións

Presentación través da sede electrónica da Universidade de Vigo mediante o proceso “XSER - Instancia Xenérica” (https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/22615858), indicando no asunto “Actualización/modificación censo Asociacións- servizo de Xestión da Extensión Universitaria”

Proceso aberto con inicio de presentación solicitudes: 31 de xullo de 2025

 

Documentos da convocatoria

Asociacións Actualización Censo Universidade de Vigo - Convocatoria

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás