Secretaría Uvigo

2025 - Concursos de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música

TipoConcursos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025 - Concursos - premios
Data inicio solicitudes14/05/2025
Data fin solicitudes30/07/2025
Descripción

Coa intención de promover prácticas culturais e artísticas e de dar visibilidade á creatividade da nosa comunidade universitaria, convócanse os seguintes premios en 2025:

  • XXII premio de creación audiovisual.
  • XXI premio de fotografía.
  • XXII premio de pintura.
  • XXII premio de maquetas de música
Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo (estudantado, PTXAS ou PDI) coas especificacións, que para cada premio, se recollen na convocatoria.

 

Documentacion

Prazo de presentación de solicitudes:   do 14  de maio ata o 30 de xullo de 2025, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Prazo de presentación da obra: neste mesmo prazo terá que cargarse a obra de acordo coas indicacións establecidas nas bases de cada modalidade (recoméndase que o día que presenten a solicitude en sede a continuación presenten a obra no aplicativo DPV).

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

Observacións

Guía de cómo facelo:

1.- A persoa autora da obra ten que cumprimentar a solicitude de participación que se  indican como Anexo da convocatoria. Pode descargalos no apartado de Documentación desta publicación.

Unha vez cumprimentado o formulario terá que asinalo con certificado dixital. Este documento será o que presentará na sede electrónica de acordo co indicado no paso 2.

2.-No prazo de solicitudes indicado anteriormente, e dende o procedemento correspondente da sede electrónica,  despois de ler a información deberá premer no  botón “INICIAR TRAMITACIÓN”:

No campo “Asunto” indicará o premio e a modalidade á que opta.

No campo “Documentación” engadirá o documento PDF xerado no paso anterior.

Por último premerá en “Enviar solicitude”, isto xerará o xustificante de presentación en sede.

Acceso ao procedemento sede: Estudantes 

Acceso ao procedemento sede: PTXAS/PDI

3.-O xustificante de presentación en sede inclúe as ligazóns para cargar a obra que presenta ao concurso e a contrasinal de acceso que se necesitará para realizala a través de DPV.

4.-Para finalizar, o arquivo da obra ou traballo a cargar no aplicativo DPV, debe nomearse co número de xustificante de presentación e deberá ter o formato que se especifique na convocatoria para cada modalidade de premio.

Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.

Para a presentación de solicitudes nos premios con varias modalidades, deberá cumprimentar un formulario para cada unha delas.

INFORMACIÓN E CONSULTAS

Sección de Extensión Universitaria

Teléfono: 986 813 626

Correo electrónico: extension@uvigo.gal

 

Documentos da convocatoria

Convocatoria Premios Cultura 2025

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás