Secretaría Uvigo

Programa bolsas Santander Excelencia 360º 2024-2025

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2024-2025 Santander Excelencia 360º
Data inicio solicitudes11/04/2025
Data fin solicitudes15/05/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

OBXECTO

Facilitar o acceso á educación superior a estudantes con excelentes expedientes académicos, e fomentar a inclusión educativa velando polos criterios de igualdade e equidade social (económica ou cultural).

CONTÍA

A contía máxima da bolsa será de 12.000 €.

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ter rematado unha titulación de Grao na Universidade de Vigo no curso 2023/2024.
  • Estar matriculado no curso 2024/2025 en 60 créditos dalgunha das titulacións de máster universitario da Universidade de Vigo.
  • Ter unha nota de acceso ao máster igual ou superior a 8,5.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion

Xunto co formulario en liña achegarase a seguinte documentación:

Documentación acreditativa:

  • da discapacidade expedida polo organismo competente da comunidade autónoma.
  • do sistema de protección á infancia e adolescencia expedida polo órgano competente da comunidade autónoma.
  • do nivel de inglés: mediante a presentación das seguintes certificacións oficiais recoñecidas pola Asociación de Centros de Lenguas en la Enseñanza Superior (ACLES):

https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2024_07_25.pdf

  • anexo II

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para avaliar correctamente os requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Observacións

Solicitudes ata 15 de maio de 2025

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña dispoñible na Secretaría Virtual da Universidade  https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index  Bolsas Santander Excelencia 360º e inscribirse na web do Santander https://app.santanderopenacademy.com/es/program/excelencia-360o-2025

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986814094
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=42745713
Base de datos nacional de subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/826644
Atrás