Programa de Retención de Talento Investigador da Universidade de Vigo. Convocatoria 2024
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | RETENCIÓN_24 |
Data inicio solicitudes | 11/09/2024 |
Data fin solicitudes | 24/09/2024 |
Descripción | A presente convocatoria ten como obxectivo a realización dun proceso selectivo para a contratación como persoal laboral temporal de seis investigadoras ou investigadores doutoras/es, que tiveran desenvolvido a súa actividade investigadora postdoutoral na Universidade de Vigo no cadro de determinados programas competitivos internacionais, nacionais e autonómicos.
|
Requisitos | a. Ser ou ter sido persoal investigador a tempo completo da Universidade de Vigo na modalidade Marie Curie Individual Fellowship, Contratos de proxectos de Jóvenes Investigadoras/es do Ministerio investigadoras/es principais das convocatorias de proxectos do Ministerio (JIN), Margarita Salas, María Zambrano, Juan de la Cierva- Incorporación, axudas posdoutorais da Xunta de Galilcia modalidade B, e que a data de finalización do seu contrato estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2024, (sen considerar as posibles prórrogas ás que tivera dereito). b. Dispoñer da acreditación da ANECA ou da ACSUG como profesor/a contratado/a doutor/a ou Profesor/a permanente laboral (PPL) ou ben como profesor/a titular de universidade. c. Presentar acreditacion R3/I3, no caso de pousuíla ( non é un requisito excluínte). d. Non ter avaliación negativa na convocatoria correspondente ao seu contrato. Non poderán participar aquelas persoas que finalizasen voluntariamente a súa relación contractual coa Universidade de Vigo antes da data de remate do prazo de presentación de solicitudes. |
Documentacion | As solicitudes serán cumprimentadas segundo o formulario que se achega como anexo e dirixidas ao reitor da Universidade de Vigo. Adicionalmente ao formulario de solicitude, deberá achegarse: -Copia da certificación da acreditación da ANECA ou ACSUG como profesor/a contratado/a doutor/a ou profesor/a permanente laboral ou ben como profesor/a titular de universidade. - Copia da certificación I3 ou R3 no caso de posuíla. - Curriculum vitae detallado. Non é necesario aportar os xustificantes dos méritos indicados no curriculum no momento da solicitude. - Un resumo (máximo dúas páxinas) da liña de investigación a desenvolver durante a duración do contrato. |
Ligazóns da convocatoria | |
Taboleiro de anuncios Universidade de Vigo: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=39814559 |
Concesión
Documentos da fase da convocatoria: | |
Admisión
Documentos da fase da convocatoria: | |
Fase de solicitude
Documentos da fase da convocatoria: | |