VI EDICIÓN DOS PREMIOS DE INVESTIGACIÓN, TRANSFERENCIA E DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DO CAMPUS AUGA DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Tipo | Outras actividades |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | PCA-2024 |
Data inicio solicitudes | 10/09/2024 |
Data fin solicitudes | 22/09/2024 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13601 |
Descripción | Convócanse cinco modalidades de premios, creándose para as catro primeiras (A, B, C e D sinaladas a continuación) tres premios en metálico, un por cada unha das seguintes liñas de traballo:
Cada traballo ou mérito soamente poderá presentarse ou vencellarse a unha das tres liñas indicadas anteriormente.
Para a derradeira modalidade (letra E indicada de seguido), establécese un único premio .
As modalidades son as seguintes:
Cada premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora do TFG/TFM e para a/s persoa/s titora/s, así como dunha dotación en metálico de 700 € para o/a autor/a (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente), que será abonada por Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.
Cada premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora da tese de doutoramento e para a/s persoa/s directora/s da mesma, así como nunha dotación en metálico de 920 € para o/a autor/a (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente), que será abonada pola Universidade de Vigo.
Cada premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora, así como para a/s coautora/s, de ser o caso, e nunha dotación en metálico de 495 € (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente) para a persoa autora, que será abonada pola Universidade de Vigo.
Cada premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora e a/s coautora/s, de ser o caso, e nunha dotación en metálico de 650 € (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente) para a persoa autora, que será abonada pola Universidade de Vigo.
O premio consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora e a/s coautora/s, de ser o caso, e unha dotación en metálico de 700 € (suxeita ás retencións do IRPF que estableza a normativa vixente) para a persoa autora, que será abonada por Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.
En función da cantidade e calidade de traballos presentados nas modalidades anteriores, a comisión avaliadora -descrita na base quinta da presente convocatoria- poderá, se o considera oportuno, conceder un accésit nun máximo de dúas das modalidades convocadas. Este accésit consistirá nun diploma acreditativo para a persoa autora, coautora/s ou, de ser o caso, persoa/s titora/s, e nun agasallo en especie para a persoa autora que será aportado por Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. |
Requisitos | Para concorrer a calquera das modalidades poderán ser candidatos/as o PDI e PI que no momento da convocatoria se atopen en situación de servizo activo na Universidade de Vigo, e o estudantado da Universidade de Vigo matriculado nos cursos 2021-2022 e 2022-2023, que cumpra os requisitos da modalidade do premio ao que se presenta.
|
Documentacion | As solicitudes dirixiranse á Vicerreitoría do Campus de Ourense, dacordo co seguinte procedemento:
Primeiro.- A persoa solicitante cumprimentará o formulario de solicitude a través da secretaría virtual da Universidade de Uvigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13601 Unha vez cumprimentado, premerá no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargaráo e asinaráo con certificado dixital. Este será o documento que presentará na sede electrónica, segundo as indicacións do seguinte paso. Segundo.- Dentro do prazo de solicitudes, accederá á sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “VI Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo”. Despois de ler a información deberá premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”. No campo "Documentación" engadirase o documento PDF xerado no paso 1. De seguido, premerá en "enviar solicitude". O "xustificante de presentación en sede" xerado inclúe a ligazón e o contrasinal de acceso que se precisará para cargar o traballo ou mérito que se presenta á convocatoria. Dito arquivo co traballo ou mérito debe nomearse co número de xustificante de presentación e seguirá o modelo Anexo I que se achega máis abaixo. Deberá cargarse no enderezo indicado dentro do prazo de presentación de solicitudes. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías. |
Observacións | O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende as 00:00 horas do 10 de setembro ás 23:59 horas do 22 de setembro de 2024. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Taboleiro electrónico: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=39689315 |
Procedemento sede electrónica: | https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/39272467;jsessionid=7D568636748B7AB2CFD333F793C77BF3 |
Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas a trámite
Descrición | |
R. R. do 11 de outubro de 2024 pola que se publica a listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas a trámite na VI Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga | |
Observacións | |
Establécese un prazo de 5 días hábiles, que contará dende o día seguinte ao da publicación desta resolución, para presentar as alegacións que se consideren oportunas. As alegacións presentaranse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) mediante o procedemento “Instancia Xenérica” e dirixiranse á Vicerreitoría do Campus de Ourense. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas a trámite
Descrición | |
R. R. do 21 de outubro de 2024 pola que se publica a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas a trámite | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
Relación de premios concedidos
Descrición | |
R. R. do 13 de novembro de 2024 pola que se publica a relación de premios concedidos na VI Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo | |
Documentos da fase da convocatoria: | |