Concurso de intervención artística Campus Auga 2024
Tipo | Concursos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | concursointervenciónartísticaCampus Auga2024 |
Data inicio solicitudes | 04/07/2024 |
Data fin solicitudes | 30/09/2024 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13588 |
Descripción | A intervención artística a realizar ubicarase sobre unha parede lateral do edificio do Campus Auga, cunhas medidas aproximadas de 9,80 por 15,5 metros (lonxitude x altura). A técnica utilizada será libre, valorándose por parte do xurado os seguintes aspectos: a conexión co entorno no que se plasmará o traballo, a interacción co edificio do que formará parte e a utilización de materiais que contribúan á sustentabilidade medioambiental. Aceptaráse calquera tipo de técnica ou manifestación artística (graffiti, pintura mural, intervención escultórica, etc.). |
Requisitos | Pode participar calquera persoa maior de idade, de xeito individual ou en grupo. Cada participante presentará unha única obra orixinal que non fose galardoada en ningún outro concurso. |
Documentacion | Pasos a seguir para participar: Primeiro.-A persoa autora da obra ou a persoa que representa ao grupo de traballo cumprimentará o formulario de participación a través da secretaría virtual da Universidade de Uvigo. Este formulario inclúe a declaración responsable de cumprir, entre outras, as seguintes condicións:
Segundo.- Unha vez cumprimentado, premerá no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargaráo e asinaráo con certificado dixital. Este será o documento que presentará na sede electrónica, segundo as indicacións do seguinte paso. Terceiro.- Dentro do prazo de solicitudes, accederá á sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “Concurso de Intervención Artística Campus Auga 2024” (https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/38537958). Despois de ler a información deberá premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”. No campo "Documentación" engadirase o documento PDF xerado no paso 2. De seguido, premerá en "enviar solicitude". Cuarto.- O "xustificante de presentación en sede" xerado inclúe a ligazón e o contrasinal de acceso que se precisará para cargar a obra que se presenta ao concurso. O arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de xustificante de presentación e constará dun dossier en formato .pdf cun tamaño máximo de 15 MB, que conteña a seguinte documentación:
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías. |
Observacións | Establécese un único premio de 5.000 euros para a persoa ou persoas gañadoras, que se fará efectivo trala reprodución da proposta no espazo indicado e segundo o recollido na ficha técnica aportada. Ao importe dos premios aplicaráselle a retención fiscal legalmente establecida. A Vicerreitoría do campus de Ourense facilitará os materiais e as estructuras necesarias para levar á cabo o traballo, segundo o que figura na memoria presentada pola persoa gañadora. O prazo de realización efectiva do traballo, requisito indispensable para a percepción do premio, remata o 30 de novembro de 2024.
Información e consultas: 988387219 |
Prazo para resolver | 1 mes |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
formulario: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13588 |
Procedemento sede electrónica: | https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/38537958 |
Resolución Concurso de Intervención Artística Campus Auga
Descrición | |
R. R. 14/10/2024 pola que se resolve o concurso de intervención artística Campus Auga | |
Documentos da fase da convocatoria: | |