Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade para a realización de actividades de contido formativo para o estudantado de Máster universitario

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026_Mobilidade Máster
Data inicio solicitudes05/05/2026
Data fin solicitudes26/05/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

A presente convocatoria está prevista no Plan Estratéxico de Subvencións da Universidade de Vigo de 2026 como acción destinada ao cumprimento do obxectivo 5 “Impulsar a internacionalización e a multiculturalidade” a través de sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo promovidas pola titulación, que se teñan que desenvolver nun concello diferente ao da sede do Máster universitario.

Requisitos

REQUISITOS:

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Atoparse nalgún dos seguintes casos no prazo de presentación de solicitudes
    • Posuír nacionalidade española.
    • Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e acreditar a condición de residente legal.
    • Posuír nacionalidade fóra da UE e acreditar a residencia legal en España, de acordo co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  2. Estar matriculado no curso 2025/2026 dun mínimo de 60 créditos ou os que lle queden para finalizar os estudos nalgunha das seguintes titulacións:
    • Máster Universitario en Bioloxía mariña
    • Máster Universitario en Xenómica e xenética
    • Máster Universitario en Investigación química e química industrial
    • Máster Universitario en Biofabricación
    • Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
    • Máster Universitario en Lingüística aplicada

Realizar ó longo do curso 2025/2026 unha actividade propia da titulación que esixa desprazamento a un concello diferente ao da sede do Máster. O estudantado que non estea matriculado das últimas materias poderá realizar o desprazamento ata o 30 de outubro de 2026 .

Documentacion

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:

1.A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index  / Bolsa Mobilidade Máster

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitaráselle que a presente de xeito electrónico.

  1. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria, rematando o 26 de maio de 2026, ás 23:59 horas (hora peninsular española).
  2. No formulario en liña achegarase, de se lo caso, a seguinte documentación:
  • O estudantado que non teña nacionalidade española
    • documento do Rexistro de cidadán/á da Unión Europea.
    • tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non é suficiente co permiso de estadía por estudos) de cidadán/a extracomunitario.
  • Certificación académica oficial dos estudos que lle deron acceso aos estudos de máster, no caso de telos cursado nunha universidade distinta á Universidade de Vigo.
  • No caso de estudantado que accede ao máster desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través do seguinte enlace:
  • Descrición da actividade para a que solicita a bolsa segundo o modelo do anexo II no que se indica o desprazamento a realizar, lugar de destino, institución ou entidade, duración do desprazamento e proposta da actividade a realizar no destino. Esta proposta deberá contar co informe favorable da persoa coordinadora da titulación.

No caso do estudantado procedente do sistema de protección á infancia e adolescencia deberá presentar certificado expedido polo órgano competente da comunidade autónoma.

Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e remata o 26 de maio de 2026, ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
Web de bolsas: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=50844833
Atrás