Secretaría Uvigo

Bolsas para o estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional, 2024/2025

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2024_2025 Bolsas Protección Internacional
Data inicio solicitudes03/07/2024
Data fin solicitudes31/07/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13589
Descripción

OBXECTO

Estas bolsas teñen por obxecto facilitar ás persoas en situación de refuxio e indicadas no punto 2.a da convocatoria a realización de estudos universitarios, preferentemente oficiais, que permitan a súa integración no noso país.

 

  1. A contía individual máxima da bolsa será de 3.000 € por persoa e inclúe:
  • Os prezos públicos por servizos académicos e administrativos correspondentes á matrícula agás o seguro escolar que, de ser o caso, deberá ser aboado polo/a estudante.
  • Unha contía económica máxima de 2.000 € para todo o curso académico en concepto de axuda para gastos derivados da actividade académica. A contía máxima percibirase pola matrícula de curso académico completo (60 ECTS e o curso académico completo no doutoramento), diminuíndo proporcionalmente en función dos créditos nos que se realice a matrícula.
  • Un curso de galego dos impartidos pola Área de Normalización Lingüística ou castelán no Centro de linguas da UVIGO a realizar durante o curso académico 2024/2025.

De ser o caso, estará contía estará suxeita a retención do IRPF que estableza a normativa vixente na materia.

  1. O pagamento da bolsa efectuarase unha vez comprobado que as persoas beneficiarias están matriculadas no curso 2024/2025, mediante transferencia á conta bancaria indicada polo/a alumno/a na súa solicitude e da que deberá ser titular. Así mesmo poderá realizarse o abono da axuda mediante o procedemento de pago en formalización para aqueles/as estudantes que teñan importes de matrícula pendentes de aboar.
Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

    1. Ter a condición de apátrida, beneficiario/a de protección internacional ou ter autorización de estadía por atoparse no período transitorio de adquisición da condición na data de fin de presentación de solicitudes. Así mesmo están incluídas as persoas en situación de protección temporal outorgada en virtude da Decisión de Execución (UE) 2022/382 do Consello de 4 de marzo de 2022 a persoas afectadas polo conflito de Ucraína que poidan encontrar refuxio en España e pola Orde de 8 de marzo pola que se amplía a protección temporal.
    2. Manifestar o interese de realizar a preinscrición ou estar preinscrito/a en estudos de Grao e Mestrado oficial ou Doutoramento no curso 2024/2025 en centros propios da Universidade de Vigo ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro), ou nunha titulación propia de especialista da Universidade de Vigo. En todo caso para o inicio dos estudos terán que cumprir o correspondente requisito de acceso establecido.

    Titulacións oficiais:

     


    1. Non posuír título en España en estudos do mesmo nivel para os que se solicita a bolsa.
    2. Informe sobre a situación socioeconómica da persoa solicitante, emitido pola ONG que xestiona ou xestionou o expediente de protección internacional ou a entrada ao sistema de Acollida e Integración. No caso de non ter unha ONG de referencia pódese achegar un informe socioeconómico da Unidade de Traballo Social do municipio de residencia.
    3. No caso de continuar estudos e ter desfrutado desta mesma bolsa con anterioridade, deberá ter superado no curso anterior ou no último realizado na universidade:
    • 60% dos créditos matriculados nas titulacións de Grao da Rama de Enxeñaría e Ciencias.
    • 70% dos créditos matriculados no resto das titulacións de Grao.
    • 80% dos créditos matriculados nas titulacións oficiais de Máster que habilita para o exercicio profesional.
    • 90% dos créditos matriculados no resto das titulacións oficiais de Máster.

    De xeito excepcional, admitiranse solicitudes que teñan un menor número de créditos superados sempre que se xustifique adecuadamente o motivo (enfermidade, coidado de familiares dependentes enfermos...) e sexa así considerado pola comisión de selección.

    Será de aplicación a esta convocatoria o establecido na convocatoria xeral de bolsas do MEFP relativo ao excepcional aproveitamento académico.

Documentacion
  1. As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13589 e presentalo de xeito presencial nos rexistros da universidade de Vigo, na sede electrónica, ou por calquera dos medios establecidos na lei 39/2015.
  2. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 31 de xullo de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supoñerá a non admisión a trámite da solicitude.

Así mesmo, deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña:

  1. Documento acreditativo da condición de beneficiario/a de protección internacional ou solicitante vixente no momento da solicitude (tarxeta branca ou tarxeta vermella).
  2. Curriculum vitae con acreditación dos méritos alegados.
  3. Documentación acreditativa das circunstancias alegadas para avaliar a situación de vulnerabilidade familiar.
  4. Anexo II: Informe sobre a situación socioeconómica da persoa solicitante, emitido pola ONG que xestiona ou xestionou o expediente de protección internacional ou a entrada ao sistema de Acollida e Integración. No caso de non ter unha ONG de referencia pódese achegar un informe socioeconómico da Unidade de Traballo Social do municipio de residencia.

O estudantado que continúa estudos deberán presentar os documentos sinalados nos apartados a)     e d).

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para avaliar correctamente os requisitos e méritos alegados.

Observacións

OBRIGAS

A persoa beneficiaria deberá:

-  Matricularse no curso 2024/2025 antes do 15 de novembro de 2024 nalgunha titulación oficial de grao, mestrado universitario, doutoramento, ou propia de especialista da Universidade de Vigo. A obtención do título queda condicionada ao mantemento da permanencia legal no país.

- Participar de xeito presencial nas actividades académicas ao longo de todo o curso, a realización das probas e exames das materias nas que se atopan inscritas e a participación responsable nas demais actividades orientadas a completar a súa formación. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria poderá solicitar os informes que considere oportunos para a determinación do cumprimento das obrigas establecidas neste apartado.

- Entregar unha memoria sobre a experiencia persoal e académica, no prazo dunha semana dende que remata o curso.

-  Manter a condición de solicitante ou beneficiario de protección internacional durante todo o curso. No caso dos solicitantes de asilo deberán comunicar a admisión ou inadmisión a trámite da solicitude en canto a reciban.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=38800813
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal

06/09/2024 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 20 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) 

Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual 

Enlace ao taboleiro

 

Documentos da fase da convocatoria:

27/09/2024 RR solicitudes excluídas definitivas

Documentos da fase da convocatoria:

04/10/2024 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e denegada

Observacións

Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 11 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

15/10/2024 Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida e denegada

Observacións

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás