Tipo | Premios |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2023_2024 Exc Inicio Doutoramento |
Data inicio solicitudes | 15/03/2024 |
Data fin solicitudes | 07/05/2024 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12609 |
Descripción | OBXECTO:
Atender de maneira especial ao novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2023/2024 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.
PREMIOS
Os premios distribúense por programa de doutoramento tal e como se sinala no Anexo II de acordo cos seguintes criterios:
- Nos programas que acaden entre 3 e 12 estudantes de nova matrícula outorgarase 1 premio.
- Nos programas que acaden entre 13 e 22 estudantes de nova matrícula outorgaranse 2 premios, incrementándose nun premio máis por cada dez alumnos matriculados.
- Para programas que acadaran menos de 3 estudantes de nova matrícula; considerarase a agrupación de todos os programas que estean nesta situación dentro do mesmo ámbito de coñecemento. Outorgarase dentro de cada ámbito un número de premios segundo a mesma regra dos apartados a) e b). Se o número de estudantes na agrupación e curso fose inferior a 3, outorgarase un premio.
|
Requisitos |
- Estar matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento que figuren no anexo II no curso académico 2023/2024.
- Obter unha nota media ponderada igual ou superior a 1,00 calculada según o establecido no punto 6 desta convocatoria.
|
Documentacion | DOCUMENTACIÓN:
- No caso de estudos de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura ou enxeñaría técnica cursados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo deberán presentar a certificación académica oficial dos estudos que lle dan acceso ao programa de doutoramento.
- No caso de ter finalizado estudos de mestrado oficial realizados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo deberán presentar a certificación académica oficial dos estudos de mestrado oficial na que conste que ten realizados todos os créditos necesarios para rematar a titulación.
- No caso de alumnado que accede ao doutoramento desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional.
|
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria |
|
Ligazóns da convocatoria |
Correo electrónico: |
bolsasformacion@uvigo.es |
Teléfono: |
986814094 |
Web: |
https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios |
Enlace a taboleiro: |
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=36996165 |