Descripción | Convocatoria de axudas para a organización de actividades extraacadémicas nos centros:
- Conferencias e mesas redondas. Con esta modalidade poderán planificarse ciclos de conferencias ou mesas redondas que teñan como finalidade a divulgación a amplos colectivos sociais de temas que son de actualidade e de interese Xeral para a
- Actividades Esta modalidade inclúe actividades extraacadémicas, celebración dos patróns dos centros, recuperación das festas populares, realización de actos culturais no eido da música, as artes plásticas, o cine, o recoñecemento do patrimonio próximo
- Actos de gradación
|
Requisitos | Poderá solicitar a axuda para a realización deste tipo de actividades calquera PAS, PDI ou alumnado da Universidade de Vigo. A proposta de actividades deberá ser aprobada no órgano competente de cada centro, e o decanato ou dirección, presentará a solicitude de axuda mediante o formulario do anexo, debidamente cuberto e asinado, a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) como Instancia Xenérica (SXER) dirixida á vicerreitoría do campus correspondente, achegando: - Copia do acordo da xunta do centro ou órgano competente en cada centro para autorizar a solicitude (debe incluír a data de aprobación) - No caso de que algunha actividade se realice nun lugar alleo ao centro, deberá achegarse acreditación do permiso para desenvolvela por parte do órgano competente. - Documento acreditativo da concesión doutras subvencións externas á Universidade de Vigo para este mesmo fin (indicando a contía da subvención), de ser o caso. |