Secretaría Uvigo

VIII edición do programa INCUVI-Avanza

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2023_Incuvi Avanza
Data inicio solicitudes03/11/2023
Data fin solicitudes20/11/2023
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12530
Descripción

Obxecto:

Axudas a persoas que contribúan á aceleración de proxectos emprendedores promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas da Universidade de Vigo co fin de que estas podan validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

A axuda consiste en:

  • Axuda en especie:
    1. Formación: Os equipos emprendedores recibirán formación dirixida á preparación da prototipación (10 horas) e á planificación do marketing (10 horas) ó longo dos 6 primeiros meses do programa (febreiro-xuño 2024).  
    2. Mentorización personalizada: contarán cun equipo de mentores/as que asesorarán os proxectos ó longo dun período dun período de 6 meses (Febreiro – Xullo 2024) nos que disporán dunha bolsa de 12 horas por proxecto. 
    3. Desenvolvemento da idea de negocio: os equipos de negocio traballarán de xeito autónomo e dirixido no desenvolvemento dos seus proxectos, dispoñendo dunha bolsa de 12 horas de traballo para este fin.
  • Achega económica máxima de 1.000 € por proxecto para facer fronte a custos de prototipación ou demo dun produto ou servizo que forme parte da iniciativa emprendedora.
Requisitos

1. REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES:

  • Estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de Grao ou Máster oficial no curso 2023/2024.
  • Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2020/2021 ou posteriores.
  • Estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas noutras universidades españolas no curso 2020/2021 ou posteriores, sempre que non superen o 50% dos membros do equipo.
  1. COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS:
  • O proxecto poderá presentarse de maneira individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo.
  • As persoas que formen parte do equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  • Non se poderá presentar máis de un proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
Documentacion
  1. Breve currículo de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
  2. Vídeo de presentación do proxecto, cun formato mp4 e de duración non superior a 2 minutos.
  3. Formulario de renuncia, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Emprende (e que polo tanto opten a axuda pola Modalidade 1) que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do programa.
  4. No caso de equipos que non obtiveran premio INCUVI-Emprende deberán presentar un plan de negocio, un produto mínimo viable validado e con métricas e/ou un test de mercado e/ou roadmap do producto/servicio no que esté basado a súa idea de negocio.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: Bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
web: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/premios
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=34841278

23/11/2023 listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 11 de decembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual.

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

31/01/2024 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e elevala a definitiva

Observacións

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás