Secretaría Uvigo

PROXECTOS APRENDIZAXE SERVIZO 2023-24 NO MARCO DA AXENDA 2030 E DOS SEUS ODS.

TipoPrácticas de campo e saídas de estudos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoConvocatoria de proxectos Aprendizaxe_Servizo_No marco dos ODS
Data inicio solicitudes12/06/2023
Data fin solicitudes30/06/2023
Enderezo formulario para solicitude onlineOs formularios aparecen publicados como anexo abaixo.
Descripción

A metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (ApS), é unha metodoloxía activa que consiste en que o alumnado aprenda facendo un servizo á comunidade e que adquira as competencias técnicas da titulación e tamén as xenéricas que teñen que ver co compromiso ético, a responsabilidade social ou o traballo en equipo.

 

Requisitos

Só se pode participar nun único proxecto na mesma convocatoria.
As iniciativas teñen que estar vencelladas ás materias que figuren no POD no curso académico 2023-24.
A metodoloxía de Aprendizaxe – Servizo debe aparecer recollida na Guía Docente da materia especificando a porcentaxe que vai representar na avaliación.
Todas as persoas que participen no proxecto terán que autorizar o tratamento de datos pola Universidade de Vigo recollido no Anexo II.

Documentacion

As solicitudes (anexo I e II) presentaranse a través da sede electrónica con destino á Vicerreitoría de Equidade e Diversidade desde o día seguinte da publicación ata o 30 de xuño de 2023.
A persoa que presente unha candidatura deberá cubrir os documentos anexo I e anexo II publicados conxuntamente con esta convocatoria e presentalos, unha vez asinados como adxuntos a instancia xenérica (SXER) na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) indicando como asunto “Convocatoria ApS_ODS 2023-24”. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que os/as solicitantes deberán observar en todo momento https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/202006/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf.
No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación da solicitude, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal .

Observacións

 

Maís informacion sobre a convocatoria de proxectos Aprendizaxe-Servizo:

direc.equidade@uvigo.es

986130261

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Atrás