Secretaría Uvigo

PROGRAMA DE AXUDAS FINANCIADO POLA EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DE INICIATIVAS INVESTIGADORAS PROMOVIDAS POR PERSOAL INVESTIGADOR DOS CAMPUS DE VIGO E PONTEVEDRA PARA O ANO 2023

TipoProxectos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoINICIATIVAS INVESTIGACIÓN DEPO 2023
Descripción

A Convocatoria ten por obxecto o financiamento de proxectos de interese para a UVigo e a Deputación de Pontevedra, dentro das seguintes liñas de investigación:

No ámbito das Ciencias da Saúde
   • Investigación en novas estratexias de prevención e promoción da saúde
   • Medicina e saúde pública: promoción e educación para a saúde
No ámbito das Ciencias
   • Biodiversidade e conservación de hábitats
   • Agrobioloxía ambiental: calidade, solos e prantas
No ámbito das Ciencias Sociais
   • Economía, sociedade e territorio: estudios demográficos

 

Co obxectivo de que o persoal investigador mais novo poda poñer en marcha os seus proxectos, as solicitudes deben ter como investigador principal a investigadores dos Campus de Pontevedra e Vigo, que non teña sido investigador principal en ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou europeo.

 

O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o día seguinte á publicación desta convocatoria ata o día 07/06/2023 (14:00 hora peninsular española).

 

Observacións

Para tramitar a solicitude é necesario cubrir e asinar, en formato PDF, o modelo de solicitude e presentarse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) no procedemento SXER - Instancia xenérica xunto coa documentación xustificativa os méritos alegados polo Investigador principal.

Documentos da convocatoria

Resolución de admitidos e excluídos

Documentos da fase da convocatoria:

Resolución de concesión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás