Bolsa de Formación na Facultade de Dirección e Xestión Pública
Tipo | Bolsa de formación |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2022-2023 Facultade de Dirección e Xestión Pública |
Data inicio solicitudes | 26/12/2022 |
Data fin solicitudes | 20/01/2023 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10795 |
Descripción | OBXECTO: Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula. DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO: A duración máxima do período formativo será de 5 meses, non se iniciará antes do 14 de febreiro de 2023 e finalizará o 30 de xuño do 2023. O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais CONTÍA: A contía bruta será como máximo 360 €/mes |
Requisitos |
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. |
Documentacion | SOLICITUDES: As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/10795, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo no Asunto “Bolsa de formación na Facultade de Dirección e Xestión Pública” achegando unicamente o arquivo coa solicitude. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal PRAZO: O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e remata o 20 de xaneiro de 2023 ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supoñerá a non admisión a trámite da solicitude. DOCUMENTACIÓN: Deberán subir a seguinte documentación:
O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.
|
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | Enderezo electrónico |
Teléfono: | 986 81 40 94 |
Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
Taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=3710F3C7CCD0B2DE7F4094018AC3F58E?idtaskdata=30346465 |
24/01/2023: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
03/02/2023: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
06/02/2023: Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e listaxe de agarda
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
14/02/2023: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida e listaxe de agarda
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |