Secretaría Uvigo

Novidades

Problemas co espazo de almacenamento en OneDrive

En relación ao espazo de almacenamento asociado ao OneDrive das contas de Office365 esta fin de semana produciuse unha diminución do espazo dispoñible debido a un erro xa solucionado.

En paralelo, debido a que Microsoft está aplicando políticas de almacenamento máis restritivas, estase a estudar cómo poden afectar estas políticas ás condicións do servizo de almacenamento.

Aínda que a día de hoxe se restauraron as coutas de almacenamento orixinais, recomendamos ser prudentes na ocupación destes recursos.

Atrás