Secretaría Uvigo

Novidades

Interrrupción parcial do Servizo de MUS

INTERRUPCIÓN PARCIAL DO SERVIZO DE MUS PARA A MODIFICACIÓN DA CONFIGURACIÓN DO IVE EN DETERMINADAS PARTIDAS ORZAMENTARIAS.

Para dar cumprimento ao disposto na nota da Xestión do 1 de xullo de 2024, sobre a modificación da configuración do IVE en determinadas partidas orzamentarias, cómpre proceder a unha interrupción parcial do servizo MUS, da seguinte forma:

  • O 1 de agosto de 2024 bloquearase o MUS, permitindo só a creación de pedidos ou xustificantes de gastos e o seu envío á Unidade de Gasto Responsable (URG) e á Unidade de Tramitación (UT).
  • O resto do proceso de tramitación, tanto de pedidos como de xustificantes, estará bloqueado ata o 21 de agosto, data na que se restablecerá o servizo normal.

 

Atrás