Secretaría Uvigo

Novidades

Cambio nas cotas das contas de M365

Co obxectivo de garantir a sustentabilidade dos servizos dixitais da Universidade de Vigo, a partir do inicio do curso 2026/2027 actualizaranse as cotas de almacenamento das contas Microsoft 365 do estudantado de grao e mestrado. Esta medida responde á necesidade de xestionar de forma responsable e sostible un recurso compartido por toda a comunidade universitaria (correo electrónico, OneDrive, Teams e SharePoint).

A partir da entrada en vigor dos cambios, as contas do estudantado de grao e mestrado (aquelas @alumnado.uvigo.gal) disporán das seguintes cotas:
    • Correo electrónico: 5 GB.
    • OneDrive: 15 GB.
    • SharePoint: 5 GB.

Ademais, as contas das persoas que deixen de ter vinculación como estudantes coa Universidade de Vigo manteranse activas durante catro meses. Transcorrido ese prazo, a conta poderá ser desactivada e os datos asociados e ela poderán ser eliminados. Antes de que isto ocorra, as persoas afectadas recibirán varios avisos para que poidan descargar e conservar a información que desexen.

Nas vindeiras semanas, as persoas que superen as novas cotas recibirán unha comunicación específica con indicacións para revisar e reducir o espazo ocupado antes da entrada en vigor da medida.

Podes consultar en calquera momento o espazo que tes utilizado accedendo á túa conta de Microsoft 365.

Agradecemos a túa colaboración para facer un uso responsable dos recursos dixitais da Universidade.

Atrás