Como configuro unha conexión segura (VPN)?
O SAUM do teu ámbito indiracache o software de vpn que empregarás.
Se é o Pulse Secure, dende un navegador web conéctate á URL https://savigo.uvigo.es/personal e introduce no portal o teu usuario (usuario@uvigo.es) e o teu contrasinal. Descarga o software de VPN PULSE SECURE e instálao no teu ordenador.
Se é o Global Protect, dende un navegador web conéctate á URL https://pavigo.uvigo.es e introduce no portal o teu usuario (usuario@uvigo.es) e o teu contrasinal. Descarga o software de VPN GLOBAL PROTECT e instálao no teu ordenador.
Xa tes listo o software de VPN necesario para conectarte de modo seguro. Ten en conta que só funcionará se es PAS ou PDI.