Secretaría Uvigo

Que necesito para poder empregar Office 365?

Podes acceder aos servizos de Office 365 coa túa conta persoal (non sirven as contas do posto ou do servizo), pero empregando o dominio "uvigo.gal" en lugar do "uvigo.es" habitual:

  • PAS / PDI / doutoramento: usuario@uvigo.gal
  • Estudantes: usuario@alumnado.uvigo.gal

A primeira vez que accedas deberás aceptar as condicións de uso e a cesión dos teus datos persoais a Microsoft.

Tes máis información na guía "Alta e acceso ós servizos de Office 365".

 

Atrás