Secretaría Uvigo

Como accedo aos servizos de Office 365?

A forma máis sinxela de acceder aos servizos de Office 365 é identificarte na Secretaría virtual mediante o "acceso centralizado". Unha vez dentro, chegará con que premas na icona de Office365 situada na barra de accesos directos e xa non te terás que volver a identificar.

Tamén podes acceder aos servizos de Office 365 conéctandote cun navegador a https://portal.o365.uvigo.gal/ e identifícandote coa túa conta de uvigo (rematada en .gal).

Naqueles casos nos que Microsoft dispoña de aplicación de escritorio para ese servizo (OneDrive, Teams etc.) poderás descargar dende https://portal.o365.uvigo.gal/ a aplicación para instalala no teu PC.

Cando abras a aplicación deberás identificarte coa túa conta ".gal" do mesmo xeito que cando accedes a través dun navegador.

Atrás