Como publico unha convocatoria no portal web da universidade
Non se permite a publicación directa de convocatorias, normativas, informes etc no portal web uvigo.gal. É preciso facelo a través das aplicacións correspondentes.
As convocatorias publicaranse na aplicación correspondente e existen varias opcións para que se visualicen no portal da univesidade:
- Mediante unha ligazón directa a unha única convocatoria ou a un grupo de convocatorias segundo un filtro predefinido.
- A través do volcado automático desde a aplicación de convocatorias aos contidos dinámicos que se recollen na parte dereita nas diferentes páxinas da web.
- Mediante o volcado automático á parte central da web que se solicitará por correo electrónico a contidos.web@uvigo.es con indicación do que queremos amosar.
Máis información en axuda de Convocatorias.