Secretaría Uvigo

Aplicación de convocatorias

A información en Convocatorias está organizada segundo a estrutura da universidade. O único requisito para poder publicar convocatorias é que a unidade publicadora (servizo, vicerreitoría, departamento etc.) estea rexistrada en DIR3.

Ir á FAQ

Debes enviar un correo a informacion@uvigo.es no que indiques os teus datos, a unidade na que traballas e a categoría na que desexas publicar as convocatorias.

Atoparás máis información na seguinte instrución de Secretaría Xeral.

Ir á FAQ

Non se permite a publicación directa de convocatorias, normativas, informes etc no portal web uvigo.gal. É preciso facelo a través das aplicacións correspondentes.

As convocatorias publicaranse na aplicación correspondente e existen varias opcións para que se visualicen no portal da univesidade:

  1. Mediante unha ligazón directa a unha única convocatoria ou a un grupo de convocatorias segundo un filtro predefinido.
  2. A través do volcado automático desde a aplicación de convocatorias aos contidos dinámicos que se recollen na parte dereita nas diferentes páxinas da web.
  3. Mediante o volcado automático á parte central da web que se solicitará por correo electrónico a contidos.web@uvigo.es con indicación do que queremos amosar.

Máis información en axuda de Convocatorias.

Ir á FAQ