Como consigo unha conta na secretaría virtual da UVigo?
Para acceder á secretaría virtual da Universidade de Vigo necesitas ter unha conta de usuario.
a. Como obter a túa conta se es estudante:
Na actualidade as contas créanse de forma automática para o estudantado, ás 24/48 horas de completar a túa matrícula, así que non deberías ter que creala.
- Accede á secretaría virtual (https://secretaria.uvigo.gal/).
- Chega con que solicites recuperar os teus datos de acceso (premendo na ligazón "Recuperar datos de acceso") e introduzas o teu enderezo de correo.
Se se produciu algún erro e a túa conta non se creou automaticamente, tes a opción de creala ti mesmo desde a páxina de inicio da secretaría virtual (premendo na ligazón "Crear conta").
b. Como obter a túa conta se es PAS ou PDI:
Podes creala ti mesmo. Deberás utilizar o código de seguridade que che proporcionaron no Servizo de PAS ou no Servizo de PDI ao asinar o teu contrato.
- Accede á secretaría virtual (https://secretaria.uvigo.gal/).
- Preme na ligazón "Crear conta" e segue as instrucións