Secretaría Uvigo

Como solicitar a tarxeta universitaria intelixente (TUI)?

Para poder solicitar a tarxeta universitaria intelixente terás que cumprir un dos seguintes requisitos:

  • Estar matriculado/a nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (grao, mestrado oficial, programa de doutoramento etc.).   
  • Ter un contrato laboral na Universidade de Vigo en vigor

Se cumpres algún dos requisitos anteriores, terás que seguir estes pasos:

  • Comprobar que tes unha conta de usuario na secretaría virtual. Desde a secretaría poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non es quen de recuperar os teus datos de acceso, podes solicitar na secretaría de estudantes do teu centro a actualización do teu enderezo electrónico.  
  • Comprobar a emisión da túa tarxeta. Na sección «A miña conta» -> «Tarxetas universitarias» da túa secretaría terás unha listaxe coas TUI emitidas e poderás comprobar os datos cos que se emitirá a nova tarxeta.  
  • Descargar a aplicación AppCRUE. Pódese descargar nos teléfonos dos sistemas Android ou IOS
  • Pedir cita previa e achegarte a un dos puntos de emisión do teu campus (Ourense, Pontevedra, As Lagoas, Marcosende e Vigo cidade). Aí tomaranche unha fotografía e nuns minutos entregaranche a túa TUI. 


Onde e cando?

Durante as primeiras semanas do curso, estarán operativos varios puntos de emisión da tarxeta universitaria intelixente virtual. Para ofrecerlle ao colectivo de estudantes as máximas garantías de seguridade, cómpre solicitar unha cita previa a través do sistema correspondente

Nas seguintes datas atenderánte en calquera dos puntos de emisión do teu campus, situados agora nas oficinas de Rexistro:

  • Campus de Ourense: Edificio Administrativo
  • Campus de Pontevedra: Escola de Enxeñaría Forestal
  • Campus de Vigo: Edifico Exeria

Atrás