Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Bo día:
A semana pasada celebramos unha nova edición dos Erasmus Days 2025,
As gravacións xa están dispoñibles en UVigo TV.
A continuación indícanse as ligazóns específicas ás diferentes sesións do programa.
Erasmus+: abre a túa mente, cambia a túa vida:
Presentación das oportunidades do programa Erasmus+ a estudantes UVigo de grao, mestrado e doutoramento.
Erasmus+ & ATHENA+
Presentación das oportunidades que ofrece a Universidade Europea ATHENA+ para o estudantado coa presenza virtual das universidades socias na ATHENA+.
Erasmus+ Internacional, a túa porta ao mundo
Presentación das oportunidades de mobilidade fóra da Unión Europea (Erasmus+ KA171) coa participación das universidades socias.
Erasmus+ e o persoal da UVigo PDI
- Presentación das oportunidades Erasmus+ para o PDI: Presentación das oportunidades de mobilidade Erasmus+ KA131 vs KA171
- Presentar proxectos KA171: Redacta a túa proposta de proxecto Erasmus+ KA171. Achéganse “fichas” modelo en español (e en inglés, para institución socias). Envío de propostas (en español) a: erasmusicm@uvigo.gal ata o 20 de decembro 2025.
?? O número de caracteres indicado é orientativo para todas as propostas da rexión, polo que cada proposta deberá ocupar o menor espazo posible, co fin de poder integrala na solicitude xeral. Isto é especialmente relevante no caso das propostas correspondentes á rexión de Latinoamérica, nas que existe unha alta demanda.
?? Nestas rexións con sobredemanda realizarase unha selección de propostas co obxectivo de presentar unha solicitude de maior calidade. Teranse en conta, entre outros criterios, o grao de éxito na execución en convocatorias anteriores, as prioridades propias do Programa, os destinos aliñados coa estratexia de internacionalización da Universidade de Vigo e o equilibrio xeográfico das accións propostas. Por este motivo, recoméndase que as propostas estean ben redactadas, sexan claras, concisas e de calidade.
- Blended Intensive Programmes (BIP): Envío de propostas para coordinación de BIP a welcome@uvigo.gal ata o 15 de xaneiro de 2026.
Erasmus+ e o persoal da Uvigo PTXAS
Presentación das oportunidades Erasmus+ para o PTXAS.
Oportunidades de mobilidade Erasmus+ para o PTXAS da UVigo.
Achegamos tamén a previsión de convocatorias que se publicarán ao longo deste curso académico.
- Calendario de convocatorias de mobilidade 2025-2026 [259.24 Kbytes]
- Fichas convocatoria KA171_castelán [1206.71 Kbytes]
- Fichas convocatoria KA171_inglés [1200.9 Kbytes]
- internacional@uvigo.gal
- +34 986 813587