Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Novas modalidades de docencia Friendly – Francés, portugués e italiano

Internacionalización

18-06-2025 ata: 30-09-2025

Prezadas e prezados membros do PDI:

Dende a Vicerreitoría de Internacionalización queremos informarvos dunha novidade que puxemos en marcha este curso académico. Ademais da xa coñecida modalidade English Friendly, ampliamos as posibilidades coa incorporación das versións análogas noutras linguas:

  • Português Amigável
  • Français Amical
  • Italiano Amichevole

O obxectivo desta ampliación é continuar favorecendo a internacionalización en casa da nosa oferta docente, facilitando a participación de estudantes internacionais nas nosas aulas e visibilizando o compromiso da UVigo cun contorno académico multilingüe e aberto.

Cómpre salientar que estas modalidades non son excluíntes entre si; unha mesma materia pode ofertarse como friendly en varias linguas simultaneamente.

O procedemento é moi sinxelo e toda a información atópase recollida na correspondente instrución que achegamos neste correo. Ademais, lembrámosvos que:

  • A participación neste programa suporá un criterio de desempate nas convocatorias de mobilidade Erasmus para PDI.
  • Poderase incorporar como mérito no programa DOCENTIA.

Para calquera dúbida ou consulta adicional, podedes contactar no correo electrónico: internacional@uvigo.gal.

Animámosvos a participar e a contribuír a facer da UVigo unha universidade aínda máis aberta ao mundo (vídeo).

Un cordial saúdo,


Vicerreitoría de Internacionalización