Instrución sobre o procedemento simplificado para a inclusión de materias de grao e mestrado nos programas English Friendly, Português Amigável, Français Amical e Italiano Amichevole, curso 2025-2026
| Estado | Validada |
| Tipo | Instrución |
| Rango | Universidade de Vigo |
| Servizo | Vicerreitoría de Internacionalización |
| Categorias |
Docencia Ordenación académica Administración e xestión |
| Descrición | Dentro do compromiso da Universidade de Vigo pola internacionalización e co obxecto de aumentar a presenza das linguas estranxeiras na universidade e fomentar a inclusión de estudantado internacional nas nosas aulas, anímase ao profesorado interesado a ofertar as súas materias en graos e mestrados oficiais da Universidade de Vigo na modalidade de English Friendly, Português amigável, Français amical e/ou Italiano amichevole. As materias que formarán parte deste catálogo irán destinadas ao estudantado internacional que entenda español/galego, pero que non se sinta o suficientemente seguro para falar ou facer exames nestas linguas. O profesorado interesado poderá ofertar as súas materias nestas modalidades a través do procedemento simplificado que recolle esta instrución. |
| Destinatarios |
Persoal Docente e Investigador |
| Documentos | |
| Publicacións en diarios | |
| Taboleiro electrónico Universidade de Vigo |
Uvigo - 12/06/2025
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=43795033 |