Sinale A
|
Código |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
|
A1 |
Posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
|
A2 |
Saber aplicar os coñecementos a un traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
|
A3 |
3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
|
A4 |
Ser capaz de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
|
A5 |
Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
Sinale B
|
Código |
Coñecementos |
|
B1 |
Saber analizar e sintetizar |
|
B2 |
Ser capaz de organizar e planificar |
|
B3 |
Saber xestionar axeitadamente a información (capacidade para recuperar e analizar a información de diversas fontes). |
|
B4 |
Saber expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro dun campo de estudo. |
|
B5 |
Coñecer e adquirir as bases éticas necesarias para o desenvolvemento profesional. |
Sinale C
|
Código |
Habilidades |
|
C1 |
Posuír os coñecementos abondos para levar a cabo con coherencia todos os procesos propios do deseño. Isto implica a recopilación e análise de datos, a síntese formal, a aplicación dos coñecementos na práctica, a proposta e defensa dun concepto de deseño e o seu desenvolvemento ata levalo á práctica na súa fabricación e produción. |
|
C2 |
Saber identificar problemas que se poden resolver mediante o deseño, plantexalos como problemas de deseño, proverse dos datos pertinentes para desenvolver o proxecto, propoñer un concepto de deseño e decidir criterios de formalización, elixir os materiais e procedementos construtivos adecuados en cada caso, controlar a coherencia na toma de decisións e avaliar os resultados obtidos. |
|
C3 |
Coñecer os fundamentos estéticos do deseño (morfoloxía, estrutura, cor, espazo, volume, tectónica, tipografía e composición). |
|
C4 |
Manexar as ferramentas conceptuais, tecnolóxicas e metodoloxías aplicables nun proxecto de deseño (programas informáticos específicos, sistemas de representación tradicional e dixital; construción de maquetas, modelos e prototipos, fotografía, técnicas de vídeo, gráfica audiovisual e interactiva, animación e ilustración), así como demostrar habilidade no manexo doutras técnicas, procedementos específicos, materiais, tecnoloxías e procesos de produción. |
|
C5 |
Coñecer a terminoloxía específica e as linguaxes aplicadas aos procesos do deseño: preimpresión e sistemas de impresión tradicionais e dixitais, técnicas gráficas, soportes dixitais, gráfica audiovisual e deseño de interacción. |
|
C6 |
Coñecer os fundamentos e os principios que rexen o uso da tipografía, así como os criterios tecnolóxicos e conceptuais que rexen o seu deseño e a súa utilización. Coñecemento da historia da tipografía e do papel que xogou na evolución do deseño gráfico e editorial ao longo das épocas. |
|
C7 |
Coñecer a xeometría descritiva básica e ter habilidade, soltura e destreza nos distintos sistemas de representación utilizados habitualmente para o deseño gráfico e o deseño de moda. |
|
C8 |
Coñecer os valores simbólicos e os procesos necesarios no deseño de produtos, na comunicación visual, nos sistemas e nos servizos de deseño. |
|
C9 |
Adquirir destreza no manexo das técnicas das disciplinas transversais da fotografía, edición de vídeo, técnicas de animación, ilustración e infografía. |
|
C10 |
Saber aplicar a metodoloxía de investigación relevante no deseño, fontes, análise, interpretación e síntese, así como ter motivación para aplicala e desenvolvela. |
|
C11 |
Comprender e manexar os aspectos volumétricos, tridimensionais e construtivos na súa dimensión virtual a través do modelado 3D. |
|
C12 |
Coñecer os fundamentos da xestión do deseño e o seu ámbito profesional (aspectos económicos e as súas implicacións, aspectos legais, normativas vixentes, xestión de proxectos, boas prácticas e códigos deontolóxicos) de modo que permitan saber aplicalos tanto nos proxectos de deseño propios e en equipo, como na dinámica do traballo con entidades prestadoras de servizos de deseño. |
|
C13 |
Saber analizar de forma crítica a evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais do Deseño. Comprender a evolución histórica e a base conceptual dos discursos actuais do Deseño. |
|
C14 |
Coñecer os materiais, procedementos e técnicas asociados a cada linguaxe creativa específica, así como o vocabulario e os conceptos inherentes a cada técnica artística particular. |
|
C15 |
Saber traballar os aspectos volumétricos, estruturais e de produción no contexto dos produtos que dan soporte tridimensional ao ámbito do deseño gráfico (industria do envase e embalaxe, soportes para sinalización, obxectos e produtos simples no deseño de ambiente/espazo). |
|
C16 |
Coñecer as normativas vixentes, os formatos estandarizados, a ergonomía e as técnicas de reutilización de materiais e deseño sostible que regulan a calidade dos produtos que dan soporte tridimensional ao ámbito do deseño gráfico (industria do envase e embalaxe, soportes para sinalización, obxectos simples no deseño de ambiente/espazo). |
|
C17 |
Saber empregar a terminoloxía específica dos diferentes linguaxes aplicados aos procesos de deseño, os formatos e as especificacións técnicas dos produtos de deseño audiovisual orientados aos diferentes soportes de pantalla (TV, móbiles, tablets, PCs, proxeccións e instalacións multimedia). |
|
C18 |
Dominar e aplicar os principios da interactividade e arquitectura da información nos proxectos de deseño (narratividade, secuencialidade, son, usabilidade, experiencia do usuario, deseño responsive). |
|
C19 |
Coñecer a teoría e historia do deseño e da moda, así como o vocabulario e os fundamentos conceptuais do deseño de moda. |
|
C20 |
Ser capaz de resolver problemas nun entorno interdisciplinario do deseño de moda desenvolvendo ao máximo tanto as posibilidades estéticas como formais. |
|
C21 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos, tecnoloxías, ferramentas e procedementos construtivos habituais no ámbito do deseño de indumentaria. |
Sinale D
|
Código |
Competencias |
|
D1 |
Traballar con perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
|
D2 |
Saber comunicarse de forma oral e por escrito en lingua galega. |
|
D3 |
Coñecer as bases da sostibilidade e o compromiso ambiental co obxectivo de facer un uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |
|
D4 |
Ter a capacidade de xerar novas ideas innovadoras no ámbito da creatividade e do deseño. |
|
D5 |
Ser capaz de dirixir e xestionar proxectos de creación e deseño. |
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000
|
|