Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos
mediante as demais metodoloxías na realización de distintas
tarefas propias da tradución profesional no ámbito dos servizos
culturais (encargas de tradución, revisión, etc.).
20
Aprendizaxe-servizo O alumno terá que realizar un proxecto de curso (individual ou en
grupos reducidos) relacionado cos ámbitos da materia: tradución
de folletos dunha exposición, audio-guía dun museo, subtitulación
para xordos dunha película ou calquera outro que estea
vencellado a servizos culturais. Contará co asesoramento do
profesorado durante a súa realización.
40
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dun exame final sobre os contidos da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá acollerse a avaliación continua ou única (sendo a primeira a máis recomendable). Aquel alumno que
opte pola única deberá informar por escrito á profesora nas dúas primeiras semanas de clase.
Para acollerse á avaliación continua é preciso realizar todos os exercicios, encomendas e probas contemplados no curso. As
Páxina 4 de 4
datas de entrega de traballos e a proba final serán consensuados co alumnado, tentando favorecer o encaixe con datas de
entrega/exame doutras materias.
No caso de avaliación única, a avaliación consistirá nunha única proba presencial sobre todos os contidos da materia na data fixada polo decanato do centro. 


Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación será idéntica á avaliación única e a data do exame estará fixada no
calendario oficial do centro. 

* PARA UN ÓPTIMO SEGUIMENTO DA MATERIA O ALUMNADO DEBERÁ CONSULTAR CONTIDOS, PRAZOS DE
ENTREGA, DATAS DE EXAME, ETC. EN MOOVI. 
* POR CADA FALTA DE ORTOGRAFÍA PODERÁNSE DESCONTAR ATA DOUS PUNTOS. 
* Esta materia non é recomendable para alumnado de intercambio (Erasmus/Isep...).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000