Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión de presentación da guía docente e actividades de repaso sobre conceptos básicos de
tradución (que se aplicarán na materia).
Estudo de casos Presentación de textos reais (folletos dun museo, páxina web dun concello, audiodescrición dunha
película...) que o alumnado deberá analizar e avaliar criticamente
Resolución de problemas de forma autónoma Os/as estudantes traballarán os textos de forma individual ou en grupos, atendendo ás dificultades
tradutolóxicas dos mesmos.
Lección maxistral O profesorado explicará os puntos teóricos mediante presentacións. Serán sesións de natureza participativa nas que se espera que os alumnos interveñan con preguntas, comentarios, etc.
Aprendizaxe-servizo Os/as estudantes realizarán traballos de accesibilidade (subtitulación para persoas xordas,
audiodescrición para persoas cegas e lectura fácil para persoas con discapacidade cognitiva ou
dificultades lectoras).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000