"Servizos culturais: Francés-Galego" é unha materia pluridimensional ambientada no sector dos servizos e nutrida por textos de contido cultural, que corresponde con prácticas moi activas no mercado profesional, como pode ser a xestión e tradución dos patrimonios culturais ou a organización de eventos.
Ademais da diversidade dos xéneros textuais que a compoñen, outra característica da tradución dos servizos culturais é o feito de que non hai operación nin proxecto comercial que non se exprese nunha linguaxe cultural, o cal explica que esta especialidade é unha das principais aliadas na formación en tradución publicitaria. O cultural serve logo de rexistro comunicativo no que se expresan tensións económicas, identitarias e políticas.
O seu ensino pretende atender non só a vertente fr/gl (en calquera das direccións), senón que constitúe unha introdución eficaz ás actividades propias deste sector especializado.