Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias As actividades introdutorias consisten na sesión de presentación, no inicio do semestre. Nela exporase a posición da materia no contexto dos estudos de grao, os obxectivos do curso, a metodoloxía, as actividades e o sistema de avaliación.
Lección maxistral O formato de clase maxistral está indicado para transferir coñecementos e sensibilizar o alumnado sobre temas tanto xerais como transversais. Serve para iniciar á metalinguaxe asociada ás destrezas precisas nesta materia, e transmitir formas de adquisición da información e de comprensión do sentido. Serve para estruturar contidos dos temas máis teóricos, ou que precisan desenvolvementos narrativos máis longos e completos.
Obradoiro Nos obradoiros proporanse actividades envolventes (documentación, estudo de casos, traducións dirixidas) arredor de temas transversais para a adquisición de destrezas na tradución de textos para os servizos culturais.
Unha posibilidade de obradoiro consiste na tradución de narrativas populares que compoñen as lendas e relatos asociados ós lugares ou ós acontecementos, e que sistematicamente forman parte do corpus textual traducible nos proxectos de visibilización cultural.
Resolución de problemas de forma autónoma Corresponde coa realización de encargas de tradución. Todas as encargas propostas proveñen do mercado real e consisten na tradución gl/fr de textos de volume calibrado, que pertencen á temática vinculada ó ámbito de especialidade correspondente.
Esta é a principal ferramenta metodolóxica do curso, malia que o enunciado (resolución de problemas) sexa contrario ós contidos desta materia, pois nela preferirase falar de "dificultades" e non de "problemas". Con esta metodoloxía o alumnado escollerá as súas estratexias de traballo de maneira autónoma. Esta autonomía responde ó nivel de responsabilización que se lle esixe ó alumnado, e que se plasma en tomas de decisión individuais e na capacidade para aterse a criterios desenvolvidos a medida que progresa o seu traballo de tradución.
Saídas de estudo Sempre que haxa medios materiais, o grupo de alumnado, orientado polo/a docente, visitará dous lugares ou institucións e/ou museos ou exposicións ou eventos relacionados cos contidos da materia.
O obxectivo das saídas de estudo é de elaborar proxectos de tradución sobre a base dunha experiencia real. Os textos traducidos derivados destas saídas formarán parte da avaliación continua.
A presencialidade (6 horas) corresponde a 4 sesións de hora e media que non se impartirán na aula, e equivalentes a unha xornada. Nesta ocasión, a docencia trasladarase fóra do campus, ó lugar da saída de estudo.
A Universidade de Vigo facilitará os medios e o apoio loxístico necesario para estas saídas.
Presentación Ábrese un tempo no que o alumnado prepara un traballo antes de expoñelo en clasa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000