Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma [réxime de avaliación continua]
A avaliación terá en conta a capacidade de progresión do alumnado. Polo tanto a nota deste apartado calcularase a partir das 3 mellores de 4 encargas entregadas ó longo do semestre.
40 CB1
CB2
CB3
CE3
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CE24
CE25
CE26
CE27
CT2
CT4
CT7
CT9
CT12
CT13
CT15
CT16
CT18
CT24
Saídas de estudo [réxime de avaliación continua]
O traballo de campo serve para familiarizarse co lugar e as instalacións dunha entidade cultural que preste a súa colaboración para coñecer ou mesmo protagonizar a súa política tradutora. As entidades poderán ser un museo, un espazo expositivo, un concello, un arquivo, unha oficina de turismo, unha asociación, unha ONG, unha empresa da industria cultural ou en xeral a organizadora dun evento.
Esta experiencia serve para compoñer un limitado corpus de textos para traducir.
A nota dos traballos realizados polo alumnado componse da participación activa nas saídas de estudo (5% da nota final) e da aceptabilidade e calidade do produto traducido (35% da nota final: 20% para a saída co obxectivo de aprendizaxe más complexo e 15% para a saída de estudo co obxectivo de aprendizaxe menos complexo). Contémplase a posibilidade de realizar unicamente unha saída, cun valor relativo que representaría o 35% da nota, ademais do 5% por participación activa.
En caso de un/ha alumno/a non poder participar nas saídas (por razóns xustificadas) o docente proporalle unha actividade paralela adaptada ás súas circunstancias.
De non ser posible organizar as saídas de estudo, o esforzo de traballo pasará a converterse nunha 5ª encarga de tradución da metodoloxía da "resolución de problemas de forma autónoma". O sistema de cualificación desta metodoloxía mudaría de xeito que a nota final proviría da media das 4 mellores notas das 5 encargas.
40 CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE8
CE9
CE12
CE16
CE24
CE25
CE26
CT2
CT3
CT7
CT8
CT12
CT13
CT15
CT16
CT24
Presentación Presentación oral en clase dun traballo sobre o tema de <traducir o ensario cara ao galego>. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar ó docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua.

O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua ou que non xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non entregar todas as encargas nos prazos sinalados ou non realizar as demais actividades) deberá presentarse ó exame final, que terá lugar consonte ás instrucións e o calendario publicados pola facultade. O exame consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os procedementos de tradución aplicados.

O alumnado que suspenda o exame de decembro-xaneiro deberá presentarse ó exame final de xuño-xullo de 2022.

O exame da segunda edición de actas, en xuño-xullo de 2022, iniciarase o día da convocatoria oficial que estableza a Facultade. Consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os procedementos de tradución aplicados.

Todas as probas se realizarán via plataforma de teledocencia, contarán cun prazo para o seu desenvolvemento e ningunha delas será presencial.

OUTROS COMENTARIOS

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O docente poderá excluír do sistema de avaliación continua aquela persoa que de forma non xustificada falte a máis de tres sesións no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a avaliarse polo sistema de avaliación única.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ó docente. Este arbitrará outros sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con prazos na plataforma de teledocencia. Estes mesmos sistemas de control serán de aplicación en caso de modalidade mixta ou non presencial.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado dasúa responsabilidade neste aspecto.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000