AVALIACIÓN CONTINUA: As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse unicamente ao sistema de avaliación continua. Para se acolleren a esta modalidade é obrigada: - a asistencia a clase nun 80% do curso, agás situacións excepcionais, comunicadas á docente razoada e xustificadamente
- a entrega dentro do prazo fixado do 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas
que non teñen peso na cualificación final. O exame final terá lugar o 16 de xaneiro ás 11h da mañá. A aula do exame anunciarase con antelación a través da plataforma. ESIXENCIAS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN ÚNICA:
Os estudantes que non se acollan ao sistema de avaliación continua deberán presentarse a un exame final que terá lugar o 16 de xaneiro ás 11h da mañá. O lugar anunciarase a través da plataforma. Este exame suporá o 100% da cualificación final e que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos e sobre o libro de lectura obrigatoria (30%). Para superar a proba cómpre acadar 6 puntos/10. 2. Proba práctica de tradución dun texto breve de español a galego (40%)
3. Proba práctica de tradución dun texto breve de galego a español (30%)
Para o desenvolvemento do exame teórico non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Aa probas prácticas entregaranse manuscritas en papel, para a súa resolución permítese a utilización de fontes documentais en soporte papel ou telemáticas.
SEGUNDA CONVOCATORIA
Para superaren a materia en segunda convocatoria (xullo), os discentes deberán aprobar un exame. Este exame suxéitase ás mesmas condicións cá proba de avaliación única.
Para superar a materia é preciso aprobar cada unha das partes do exame de avaliación única e segunda convocatoria. Excepcionalmente, poderá acordarse que o alumnado que non supere unha parte concreta recupere só esa parte en segunda convocatoria.
PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO
NA PARTE TEÓRICA COMO NAS PARTES PRÁCTICAS, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN
ELIXIDO.
En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de
avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos/as que: - Cometan máis de dúas faltas graves de ortografía. - Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).
- Incorran en plaxio total ou parcialmente. |